Esta mañá mantiven
unha reunión de traballo cos representantes da Federación de Asociacións de
Empresas de Perruquería, ás que asistiu Jesús Saiz (presidente da Federación Galega
de Empresarios de Perruquería e Estética (Fepega); Ana Couso (presidenta da asociación de Pontevedra); Eduardo Souto
(presidente dos perruqueiros de Lugo);
Beatriz Gómez
(a presidenta dos de Ourense),
e José Suárez
(representante dos da Coruña),
por parte do sector de salóns de peiteado.
O
obxecto principal deste encontro foi coñecer as preocupacións deste sector
profesional en relación coa suba do IVE que afectou dende 1 de setembro de 2012
aos servizos de peiteado e que consideran que prexudicou aos seus negocios,
como teñen expresado en recentes manifestacións.
Pola miña banda fixen un repaso ao devir histórico do IVE que gravou os servizos de peiteado a tipos reducidos dende 1999 ata 2012 e comentamos o Informe que en febreiro de 2014 presentaron os expertos fiscais ao Goberno e que dedica un amplo capítulo á imposición indirecta así como aos custos de seguridade social que tanto inciden nos salóns de peiteado.
Tomei cumprida nota e con interese das súas formulacións que trasladarei ás
Administracións competentes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.