Hoxe en Toledo tivo lugar a
presentación da candidatura do PP ás eleccións Europeas, que lidera Miguel
Arias Cañete e na que figuran dous galegos:
O pontevedrés, Francisco Millán Mon, que ocupa o oitavo lugar na lista, supón unha aposta pola experiencia. Diplomático de carreira, conta cunha extensa traxectoria en política internacional e cunha dilatada experiencia na Unión Europea, onde desempeñou cargos de gran relevancia e onde pecha unha Lexislatura de grandes logros para Galicia.
Pola súa banda a deputada autonómica verinesa, María del Carmen Pardo supón a aposta pola renovación, xa que se estrea en Europa despois de deixar atrás unha exitosa traxectoria tanto a nivel autonómico, na Xunta (a fronte de Turismo), como local, no Concello de Verín (alma mater da Eurocidade Verín-Chaves). Ademais, desempeñou postos de responsabilidade tamén na empresa privada.
O pontevedrés, Francisco Millán Mon, que ocupa o oitavo lugar na lista, supón unha aposta pola experiencia. Diplomático de carreira, conta cunha extensa traxectoria en política internacional e cunha dilatada experiencia na Unión Europea, onde desempeñou cargos de gran relevancia e onde pecha unha Lexislatura de grandes logros para Galicia.
Pola súa banda a deputada autonómica verinesa, María del Carmen Pardo supón a aposta pola renovación, xa que se estrea en Europa despois de deixar atrás unha exitosa traxectoria tanto a nivel autonómico, na Xunta (a fronte de Turismo), como local, no Concello de Verín (alma mater da Eurocidade Verín-Chaves). Ademais, desempeñou postos de responsabilidade tamén na empresa privada.
No seu dicurso, Miguel Arias dixo que “fronte aos mesmos argumentos ideolóxicos de sempre do PSOE, o programa de PP está sustentado en feitos como é que as reformas están funcionando, que estamos saíndo da crise e volvemos ser fortes, e que "por iso este é o momento de consolidar o cambio". "Agora é o momento de elixir, ou o cambio que propón o PP ou o retroceso integral que implican as ideas socialistas", afirmou.
Arias Cañete alertó contra os extremismos e os euroescepticismos que están inundando Europa nestes momentos de crise, e que buscan desmantelar a UE, e apostou por partidos fortes, "potentes", para contrarrestalos. "É a hora da xente seria, é a hora do PPE e é a hora de que o PP teña unha vitoria en España para contribuír a esta fortaleza do Partido Popular Europeo",defendeu.
Así mesmo, criticou que o partido que trouxo a crise a España, que non tomou ningunha medida para superar unha economía en recesión e unhas cifras de desemprego inéditas, o Partido Socialista, fale agora de paro, "causa estupor escoitar ao PSOE falar de desemprego cando está xerado baixo o goberno de Rodríguez Zapatero", afirmou antes de preguntarse onde estaba a súa candidata Elena Valenciano durante os oito anos de Goberno Zapatero, cando se estaba perdendo emprego no noso país. ¿Non lle preocupaba entón a pobreza infantil?, Entón non pasaba nada? Nós preocupámosnos antes, entón, despois e agora, e seguirémosnos preocupando polos parados, pola pobreza infantil e por seguir arranxando os desequilibrios do noso país",subliñou.
Denunciou que perdemos este peso cos gobernos do PSOE, que non puideron defender os intereses de España, porque non tiñan aliados, e volvemos ser un país mediano, perdendo 46.000 millóns de fondos europeos.
"Cando cheguei ao Goberno, na PAC non tiña un aliado, non tiña nada, non había estratexia para defender os intereses de España", recordou "e puxémosnos a iso". Tamén destacou que cando Mariano Rajoy foi a negociar a Bruxelas para defender o campo español, tróuxose 47.000 millóns de euros para os próximos 7 anos, "o 30% da renda agraria.
Na súa intervención tamén destacou que ao negociar o diñeiro para o desenvolvemento rural, co anterior goberno do PSOE, habendo 30.000 millóns de euros máis para repartir, Zapatero perdeu máis de 1.500 destes millóns e que, grazas ao noso presidente, cun orzamento restrictivo, e 1.300 millóns menos para repartir, Mariano Rajoy incrementou os fondos de desenvolvemento rural para España en 238 millóns máis.
Así mesmo, afirmou que hai dous xeitos de estar en Europa, "defendendo España ou xogando a ser amiguito bo de todos a baixo custo", e que ao Partido Popular gústalle defender España participando na construción de Europa.
Imos fornecer ideas sen perder "a marca
España que levamos gravada indeleblemente no corazón". Afirma que iso é o
que fará esta candidatura, incorporar a Europa intereses españois, desenvolver
as políticas comúns tendo en conta as nosas necesidades. "Ou se fan as
cousas ben ou non podes pedir solidariedade, non vale o discurso baleiro
socialista, moito eslogan moito fume e nada na trastenda", denunciou.
Para rematar Miguel Arias anunciou que o programa para as próximas eleccións europeas estará baseado en catro eixes, crecemento e emprego como prioridad; modernización e progreso como obxectivo; os cidadáns como eixe da política social e a unión e integración como eixes do proxecto europeo, e que estes son os eixes dun programa ambicioso que se vai a explicar por todos os pobos de España, "porque imos facer unha campaña poboo a pobo"destacou.
Pechou o acto o presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, asegurando que, coa designación de Miguel Arias Cañete como cabeza de lista do PP ao Parlamento Europeo, o Goberno de España perderá un ministro cunha traxectoria incomparable e exemplar, pero este é un caso de perder para gañar e imos saír gañando todos, porque todos os españois imos gañar ao mellor representante posible dos intereses de España en Europa".
Dixo que "imos gañar porque en pouco máis de dous anos non só recuperamos o terreo perdido na Unión Europea senón que España volveu á sala de mandos onde se decide o futuro da Unión Europea; porque na pasada Legislatura, España era o país europeo que máis paro xeraba e hoxe é o país que máis emprego está creando; porque España está no bo camiño co PP e todo o que non sexa gañar sería retroceder no camiño da recuperación; e imos gañar porque os españois queren votar polo seu futuro e non por volver a un pasado que lamentablemente todos recordamos e sufrimos".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.