Hoxe entra en vigor a nova lei básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación, trala súa publicación onte no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Unha lei da que fun ponente no Congreso dos Deputados e que tal e como prevé a disposición transitoria primeira esixirá unha a adaptación da normativa autonómica.
Así a as Comunidades Autónomas deberán adaptar o contido da sua normativa nesta materia ao disposto nesta Lei, e terán, como prazo máximo para facelo, o 31 de xaneiro de 2015.
Tamén as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación adaptarán ao contido desta Lei os seus actuais regulamentos de réxime interior no prazo de tres meses desde a entrada en vigor das leis autonómicas de adaptación, que deberán ser aprobados pola administración tutelante.
Ademais a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España a partir do actual Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación, deberá constituírse antes do 31 de xaneiro de 2015. A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España elaborará o seu Regulamento de Réxime Interior de acordo coa nova regulación, no prazo de tres meses desde a súa constitución. Este regulamento será aprobado polo Ministerio de Economía e Competitividade, como administración tutelante.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.