Celebro como una boa nova que hoxe o presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijóo, anunciara que se tomarán medidas para elevar a
competencia no sector do combustible, logo de constatar que Galicia é a
comunidade co prezo do gasóleo antes de impostos máis alto da península.
Explicou, durante
a rolda de prensa do Consello, que a Consellería de Facenda acaba de presentar
o informe que vén realizando o órgano da Competencia sobre a situación dos
prezos no sector da venda minorista de combustible de automoción. Informe en
base ao cal se conclúe que Galicia está entre as comunidades cos prezos dos
combustibles máis altos antes de impostos. “É dicir, aínda que non se aplicase
ningún imposto, Galicia tería igualmente o gasóleo máis caro da Península”,
aseverou Feijóo, ao que engadiu que as petroleiras que venden os seus produtos
en Galicia o están a facer cuns prezos por riba da media dos prezos no resto de
España “sen ningunha causa xustificada”.
Despois de facer fincapé en que a tributación
na Comunidade galega é a mesma que se aplica en preto do 85% do territorio
español e que Galicia conta cunha das oito refinerías operativas na Península;
Feijóo lembrou que o prezo medio do gasóleo de automoción sen tributos en
Galicia se situou no mes de febreiro en 75,4 céntimos/litro, é dicir, 1,8
céntimos por litro máis que a media española. E, ao peche do pasado exercicio
2013 o prezo medio do litro de gasóleo antes de impostos era 1,4 céntimos máis
caro que en decembro de 2012, a maior suba de toda España e o dobre que a media
española (0,6 céntimos) neste período.
Ante esta situación, Feijóo aseverou que xa se
está a avaliar a situación que está a afectar ao conxunto da comunidade
autónoma xa que, das seis provincias onde os prezos do gasóleo son máis altos,
catro son galegas. “É unha situación que deixa á comunidade nunha evidente posición
de desvantaxe, tanto ás economías familiares como ás economías das empresas”,
afirmou.
Nesta liña, e a modo de exemplo, destacou que
un consumidor que enche un depósito de 50 litros catro veces ao mes en Cataluña
paga nun ano 120 euros menos que un consumidor en Galicia.
Ao fío disto, o presidente da Xunta adiantou
que o Consello Galego da Competencia ten detectado, nunhas conclusións
preliminares, problemas de concentración no mercado de distribución minorista
en Galicia.
Segundo os últimos datos dispoñibles, Galicia
rexistra unha porcentaxe de estacións de servizo independentes inferior á media
española, que é do 17%. E, ademais, todas as provincias galegas rexistran unha
presenza de estacións de servizo low cost inferior á media española.
Ante unha situación de desvantaxe clara, Feijóo incidiu en que o Goberno
galego ten dado instrución para que o Consello Galego da Competencia conclúa, a
maior brevidade, a análise que leva realizando nos últimos meses co obxectivo
de presentar neste mes de maio unha batería de medidas que eleven a competencia
no sector, e favorecer así unha baixada de prezos.
“Facilitar a instalación de
gasolineiras e, sobre todo, plantexarlle aos centros comerciais que poñan
gasolineiras nos seus ámbitos para mellorar a competencia e así baixar os
prezos. E, por suposto, reiterarlle ao Tribunal de Defensa da Competencia, logo
deste segundo informe, que é necesario que conclúa o expediente aberto ás
petroleiras que traballan en Galicia porque seguimos constatando, un ano
despois, que os prezos do gasóleo non atenden a ningunha xustificación desde o
punto de vista de prezo da comunidade autónoma galega”, concluíu, a modo de
resumo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.