Asisto
hoxe como vocal que son á sesión da Comisión de Economía e Competitividade do
Congreso dos Deputados na que compareceu o secretario xeral do Tesouro e
Política Financeira, Íñigo Fernández de Mesa.
Dixo que as mellores perspectivas de financiamento son posibles porque "o escenario é moi diferente" ao do ano pasado, como demostran semana a semana os menores tipos de interese e os prazos de vencimento resultantes das sucesivas poxas de débeda.
E destacou que todo iso, é grazas ao esforzo reformista tanto de España como na UE, posto que, ao seu xuízo, a mellora do financiamento reflíctese unha maior confianza en España e non só a normalización dos mercados.
Fernández de Mesa precisou que o Tesouro logrou cumprir con "éxito" os tres eixes estratéxicos que se marcou: a redución dos custos da débeda, alargar a vida media da carteira e diversificar a base inversora.
Así, dixo que o custo medio da débeda en 2011 foi do 3,9%, mentres que en 2014 reduciuse ata o 2,1%, o nivel máis baixo desde a entrada no euro.
Sinalou que o Fondo de Liquidez Autonómico (FLA) xogou un papel fundamental nesta dinámica, posto que puxo a disposición das comunidades autónomas ata 62.000 millóns de euros, que lles permitiu financiarse a custos moi inferiores aos de 2012.
Sobre o prazo medio da débeda, sinalou que esta se ampliou dos 7,6 anos en 2013 aos 8,3 anos en 2014, e non se prevé ampliar os produtos a curto prazo no que queda de exercicio.
Constatou tamén unha volta do inversor estranxeiro, con 100.000 millóns de euros máis de investimento entre 2012 e 2013 --o 10% do PIB--, de forma que nalgunha das últimas poxas estes se hcieron con máis do 60% do importe adxudicado.
Neste debate interveu a portavoz adxunta de Economía do Grupo Popular no Congreso, Irene Garrido Valenzuela, afirmando que "nos dous últimos anos España pasou de ser un país desdeñado e ignorado a ser unha auténtica alternativa para o investimento estranxeiro”.
Recordou que cando chegou o PP ao Goberno, España estaba inmersa no peor momento da crise, “motivada por excesos e inacción da administración anterior”, e subliñou que o Tesouro tiña que apelar aos mercados para obter os recursos necesarios para financiar os servizos básicos que todos queriamos manter.
A deputada viguesa enumerou as distintas reformas que o Goberno tivo que poñer en marcha para recuperar a credibilidade: medidas para lograr a estabilidade presupuestaria, que permitiron reducir o déficit do 9,1% ao 6,62 ao peche de 2013; a reforma do sistema bancario e a reforma laboral, entre outros.
Todo este esforzo “indicou- é o que levou ao Tesouro a encadenar xa moitos meses marcando mínimos nos tipos de interese aos que logra colocar a débeda aos distintos prazos (cada vez máis longos), e cunha demanda crecente en todos os títulos”.
Para Garrido, “a consecuencia desta política é clara: gran descenso da prima de risco (pasamos de niveis de 630 aos 153,3 de onte) e o aforro que isto supón permite que se poidan destinar eses fondos a outros fins ou evitar axustes adicionais”.
Recoñeceu que queda moito por facer, e remarcou que a situación actual dista moito da de fai dous anos: “a economía española percíbese como creíble, competitiva e xeradora de confianza. Así o recoñeceu Moody's, que mellorou a perspectiva da débeda española de negativa a estable en decembro de 2013 e que en febreiro deste ano mellorou de novo a perspectiva de estable a positiva”, engadiu.
Segundo explicou Garrido, “todos os esforzos e reformas realizadas en España para consolidar a recuperación económica foron en paralelo ás levadas a cabo en Europa para reducir a fragmentación dos mercados, romper o vínculo entre risco bancario e risco soberano, o paso de ser bancos nacionais a ser bancos europeos, en definitiva a Unión Bancaria”.
Para rematar, recalcou como as colocacións do Tesouro en 2014 evolucionan rápidamente (de feito desde xaneiro ata onte, captou 50.481 millóns, o 37.9% da previsión de emisión incluída na estratexia de investimento 2014 que é de 133.300 millóns).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.