Tamén hoxe coñecemos o salientable dato de que o número medio de afiliados á
Seguridade Social alcanzou en marzo os 16.296.288 ocupados, tras aumentar en
83.984 persoas (0,52%). Trátase do mellor comportamento da afiliación nun mes
de marzo dende o inicio da crise (en 2007 foi do 0,76%). Respecto ao ano
pasado, o Sistema sumou 115.013 afiliados (0,71%), a mellor taxa anual da serie
estatística dende abril de 2008.
En Ourense o número medio de afiliados chegou a 96.734 (0,25%) y
en Galicia a 906.050 (un 0,34%).
En termos desestacionalizados, a afiliación segue crecendo por sétimo mes consecutivo cun aumento de 25.475 persoas.
Durante o pasado mes, a afiliación ao Sistema da Seguridade Social aumentou en todos os réximes agás o Carbón. En relación a 2013, a ganancia de afiliación estendeuse a todos eles (R.Xeneral, Autónomos, Mar e Carbón).
Destaca especialmente o bo comportamento da ocupación entre os traballadores autónomos, que crece por sexto mes, en taxa anual.
SECTORES:
A afiliación ao Réxime Xeral aumentou en marzo en 65.739 (0,50%), o que sitúa o total de afiliados medios en 13.172.027. Neste mes rexístrase un crecemento na maioría dos sectores, destaca Hostalaría, con 34.848 ocupados máis (3,84%); Actividades administrativas e servizos auxiliares, 10.358 (1,02%) e Construción, 10.083 (1,66%).
Dentro do Réxime Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 19.107 afiliados medios respecto a febreiro (-2,45%), o que sitúa o número de ocupados 780.417. Este descenso coincide coa finalización dalgunhas campañas agrícolas como a da oliveira en Xaén. O Sistema Especial do Empregados do Fogar, pola súa banda, sumou 3.319 afiliados (0,78%), polo que agora alcanza os 428.705 afiliados medios.
O Réxime de Autónomos conta con 3.058.965 afiliados, tras crecer en 16.725 persoas (0,55%). Hai que sinalar que dentro deste réxime, tan só se constata un descenso mensual no sector das Industrias Extractivas, que descende en dous traballadores.
No Réxime do Mar, a ocupación aumentou en 1.591 (2,68%), ata os 61.023 afiliados medios, un crecemento de afiliación habitual nun mes de marzo. Débese ao inicio da campaña da parrotxa e chicharro no País Vasco a comezos de mes, e á da xarda no Cantábrico Noroeste. Finalmente, o Carbón suma 4.274 afiliados medios, tras anotarse un descenso de 70 traballadores (-1,62%).
VARIACIÓN ANUAL:
A afiliación no total do Sistema incrementouse en 115.013 afiliados, é dicir, un 0,71%, a mellor taxa anual dende abril de 2008 (1,07%).
No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa de afiliación aumentou un 1,78%, o que se traduce nun crecemento de 53.568 persoas nos últimos doce meses.
O Réxime do Mar incrementouse en 628 ocupados (1,04%). Pola súa banda o Carbón sitúase en 4.274 afiliados medios, tras un aumento de 62 afiliados (1,47% máis).
XÉNERO E NACIONALIDADE:
Por xénero, o número de afiliados alcanzou entre os homes os 8.720.567 ocupados e entre as mulleres, 7.574.721, é dicir, aumenta a afiliación en ambos os dous xéneros.
En canto á afiliación de traballadores estranxeiros, o pasado mes rexistráronse 1.535.889 ocupados medios, dos que 1.305.309 pertencen ao Réxime Xeral; 226.217 ao Réxime de Autónomos; 4.064 ao Mar e 298 ao Carbón.
Fonte: Secretaría de Estado da Seguridade Social
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.