Estamos a piques de
comezar a campaña das eleccións europeas que se celebrarán en mayo de 2014- en
España o día 2- e que brindan aos
votantes a oportunidade de influír no curso político futuro da Unión Europea ao
elixir aos 751 deputados ao Parlamento Europeo que representarán os seus
intereses durante os próximos cinco anos. En España elixiremos a 54 eurodiputados.
A Unión intenta superar a crise económica e os líderes da UE reflexionan sobre
o camiño que debe seguirse no futuro. Por iso, estas son as eleccións europeas
máis importantes ata a data.
Estes comicios permitirán aos votantes xulgar os esforzos realizados polos líderes
da Unión Europea para atallar a crise da zona euro e expresar a súa opinión
sobre os plans para intensificar a integración económica e política. Serán as
primeiras eleccións que se celebran desde que o Tratado de Lisboa outorgase en decembro
de 2009 novas competencias ao Parlamento Europeo.
Un aspecto novo e importante introducido polo Tratado é que, cando os Estados
membros da UE teñan que nomear no outono de 2014 ao sucesor de José Manuel
Durãou Barroso á fronte da Comisión Europea, por primeira vez deberán ter en
conta os resultados das eleccións europeas. A candidatura presentada polos
Vinte e oito terá que ser apoiada polo Parlamento Europeo, porque, en palabras
do Tratado, a Eurocámara «elixe» ao presidente da Comisión, o cal implica que
agora os votantes decidirán quen toma a testemuña do Goberno da UE.
Dos 13 partidos políticos europeos, cinco nomearon a un candidato á Presidencia
da Comisión. O PPE presentou a Jean-Claude Juncker, ex primeiro ministro de
Luxemburgo e antigo presidente do Eurogrupo. O candidato do Partido Socialista
Europeo é Martin Schulz, actual presidente da Eurocámara. Pola súa banda, os
Liberais e Demócratas optaron por Guy Verhofstadt, antigo primeiro ministro
belga e líder do grupo dos liberais no Parlamento Europeo. Os Verdes nomearon a
dous eurodiputados: o francés José Bové e a alemá Ska Keller, mentres que a
Esquerda Europea presentou a Alexis Tsipras, líder do partido grego SYRIZA.
O novo Parlamento Europeo que salga das eleccións decidirá a lexislación
europea durante os próximos cinco anos en ámbitos como o mercado único ou as liberdades
civís.
Lembremos que o Parlamento - a única institución da UE que se elixe por sufragio
directo- é agora unha peza esencial do
sistema europeo de toma de decisións, e a súa opinión ten o mesmo peso que a
dos gobernos nacionais en case todas as leis da Unión.