Acudín esta mañá a Deputacion Provincial de Ournse onde o xornalista de Nigrán David Reinero recibiu o diploma que o acredita como gañador da edición 2014 do premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", dotado con 3.000 euros.
Tratase dun certame que convoca anualmente a Deputación de Ourense para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome o premio.
O xurado premiou a David Reinero polo seu traballo titulado "Angrois. O AVE en anacos", editado por Praza Pública, que recolle o labor xornalístico realizado polo autor sobre o accidente ferroviario de Angrois na edición galega de El País.
O xurado destaca da obra premiada o "fondo e pormenorizado análise da traxedia ferroviaria de Angrois, abordada dende todos os aspectos, cunha visión ampla, crítica e obxectiva".
No acto, David Reinero agradeceu o premio e dixo: "Fronte a outros que premian formatos concretos, como os artigos de opinión, que non sempre escribimos os xornalistas, ou que premian medios ou sistemas de difusión puntuais, este premio é tan amplo como para acoller calquera proposta co único requisito de que sexa xornalismo".
Sobre o traballo premiado, David Reinero explicou que non é "un tratado técnico senón un relato divulgativo contextualizado que recapitula o traballo xornalístico diario que me permiten facer en El País dende que cheguei o lugar do accidente, á media hora de que se producira", calificando o libro como unha "reportaxe longa, demorada, na que poder contar máis cousas sobre o accidente de Angrois que as que caben no día a día. Pero sempre sen perder de vista o xornalismo".
Pechou o acto, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que dixo "que hoxe, que conmemoramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa, "o Premio Carracedo chega á súa edición número vinte e catro, cumprindo o ano próximo o seu primeiro cuarto de século. Xa van vinte e seis anos dende que Xosé Aurelio nos deixou fisicamente. E a súa provincia, esta corporación, unanimemente quixo -e penso que o conseguiu do galardón- "perpetuar a figura dun periodista ilustre e dunha persoa de gran dimensión humana, exercendo sempre a crítica con honestidade, e que gañou ben gañado un posto de primeira liña no xornalismo galego".
Baltar felicitou a David Reinero "quen hoxe engade merecidamente seu nome os gañadores deste recoñecemento", e dixo que o accidente en Angrois "marca un antes e un despois na historia de Galicia; unha xornada, previa o noso día nacional, onde a solidariedade e a reacción da sociedade amosou unha Galicia humana e altruísta.
Referíndose á comunicación, o presidente da Reputación de Ourense afirmou que "a xente ten dereito a coñecer todo, a que se comparta toda a información, á máxima transparencia; e debe ser obriga das administracións facilitarlle todos os datos posibles e dos xornalistas, actuar como vehículo condutor do acontecido. Ademais, subliñou "o definitivo papel do xornalismo na procura dunha sociedade afastada do victimismo e ambiciosa de seu". "Os xornalistas, ante todo, son cidadáns, como os gobernados pero tamén como os gobernantes. E hoxe –expresou Baltar- é un magnífico día para reivindicar o papel do xornalismo e a súa necesidade como piar fundamental dunha democracia consolidada".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.