Do Consello de Ministros celebrado hoxe, destaco o visto
bo ao Anteproxecto de Lei do Código Mercantil, que substituirá ao Código de
Comercio que está vixente desde 1885. O texto, no que se leva traballando desde
o ano 2006, é esencial para facer efectiva a unidade de mercado no ámbito
xurídico-privado.
A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, manifestóu en roda de prensa, que
a norma é unha reforma estructural que está en liña "con todo o proceso de
simplificación normativa e de codificación emprendido polo Goberno".
Ademais, sinalou que compila as numerosas leis que sobre a materia aprobáronse
nos últimos 130 anos.
O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, precisou que o texto supón
"unha auténtica renovación na orde económica", porque non se limita a
recompilar e actualizar normas existentes, senón que as adecúa ao novo contexto
económico e dá resposta ás realidades que emerxeron na vida comercial.
"Temos que ter moi claro que o obxectivo fundamental, ademais da
modernización, é establecer a unidade de mercado en España e desta forma
mellorar a competitividade, xerar riqueza e crear emprego", dixo.
Ruiz Gallardón afirmou que "o incremento da seguridade xurídica para establecer
un marco xurídico homoxéneo vai facilitar a vida aos cidadáns". Neste
sentido, explicou que será unha lexislación común para todo o territorio nacional
sen ningún tipo de trabas administrativas. Estará en sintonía coa lexislación
doutros países, polo que facilitará as transaccións de carácter internacional.
Ademais, recuperará a igualdade de todos os operadores no mercado evitando
calquera situación de privilexio que puidese prexudicar aos cidadáns.
Principais novidades:
O ministro de Xustiza avanzou que o futuro Código Mercantil está dirixido aos
empresarios, aínda que se fai unha interpretación "máis moderna" dese
término. Abarca a agricultores e gandeiros, antes excluídos, profesionais que
exerzan actividades intelectuais, científicas, liberais ou artísticas, sempre
que os seus bens e servizos destínense ao mercado. Tamén inclúe a fundacións ou
asociacións que, aínda que non teñan actividade empresarial, sexan productores
de bens culturais ou prestadores de servizos, así como a todas as sociedades e
entidades mercantis que, aínda que non estean constituídas en España, teñan
algunha actividade mercantil no país.
Ruiz Gallardón sinalou que se regulan os negocios de transmisión da empresa,
modernízase o rexistro mercantil, regúlase a contratación e a factura
electrónica, a contratación en pública poxa ou a compra en máquinas
automáticas. Hai unha nova regulación da fase precontractual; das cláusulas de
confidencialidade e de exclusividade e inclúese a compraventa de inmobles.
"O obxectivo da regulación é suprimir as trabas que dificulten a
circulación de bens e a unidade de mercado, e isto conséguese dando solucións
unívocas no conxunto do Estado para os intercambios de ámbito nacional",
manifestou Ruiz-Gallardón.
O ministro citou, como outras novidades, que se recollen as distintas
modalidades de propiedade industrial e regúlanse os contratos financeiros, de
préstamo, de leasing, de conta corrente, a cesión financeira de crédito e o
desconto bancario. "Hai unha regulación moderna de figuras como o cheque,
o pagaré, a letra de cambio. Establécese un réxime xurídico mínimo sobre as
tarxetas, tanto de pago como de crédito, que permiten operacións como a
retirada de diñeiro dun caixeiro", detallou.
Tamén se regulan por primeira vez a prescripción e caducidade para evitar que
se poida manter un crédito con duración indefinida mediante requerimentos
extraxudiciais sucesivos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta