Onte celebrouse un Consello de
Ministros no que se tomaron importantes decisións: a aprobación do Programa de
Estabilidade 2014-2017 e do Programa Nacional de Reformas 2014 que foron
remitidos á Comisión Europea.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, resaltou que ambos documentos reflicten como España cumpriu e mellorou as previsións económicas proxectadas fai un ano, aínda que considera que hai que seguir traballando.
Ademais, sinalou que estas previsións
permitirán alcanzar un maior crecemento: "España superou a recesión,
crecerá o dobre do previsto fai un ano, cumpre a senda de consolidación fiscal
e, ademais, a mellorará para poder dar estabilidade e cumprir cos nosos
obxectivos de reforma tributaria".
Explicou que as grandes liñas do Programa son a reforma tributaria; as medidas para fomentar o financiamento da economía e impulsar a movilización do crédito; as iniciativas para fomentar a competitividade actual e futura; a loita contra o desemprego e a modernización das Administracións Públicas.
A vicepresidenta incidiú en que hai que conseguir "emprego estable e de calidade para consolidar a senda de disminución do emprego precario". Para iso, poñerase en marcha a Estratexia Española de Activación para o Emprego 2014-2016, que vinculará en maior medida as políticas activas e pasivas; desenvolverase o Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil, que está dotado con 1.887 millóns de euros de fondos comunitarios; e se promoverán medidas para reforzar a inserción laboral dos colectivos que teñen máis dificultades para acceder a un emprego. Ademais levaranse a cabo actuacións no ámbito social que complementarán o compromiso do Goberno de manter o Estado de benestar.
Nesa mesma roda de prensa, o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, afirmou que o cadro macroeconómico 2014-2017 fai "unha proxección de crecemento prudente". Este ano prevese un crecemento económico do 1,2% do Produto Interior Bruto (PIB); en 2014 sería do 1,8%; en 2016 do 2,3% e en 2017 alcanzaría o 3%. Entre 2014 e 2015 o crecemento medio será do 1,5%, segundo as estimacións do ministro.
De Guindos resaltou que tanto a demanda interna como a externa contribuirán positivamente ao crecemento. A demanda interna farao por primeira vez en 2014, tras seis anos de achega negativa. O consumo privado tamén é positivo por primeira vez neste ano logo de tres anos de redución. En canto á construción, o ministro sinalou que, tras sete anos de caídas, terá unha achega positiva ao crecemento.
Apuntou que a evolución conxunta das exportacións e das importaciones de bens e servizos vai contribuír a que a economía española teña unha capacidade de financiamento con respecto ao resto do mundo do 2% neste exercicio e do 2,4% o próximo, "o que supón que estamos reducindo o noso endebedamento externo en preto de 50.000 millóns de euros".
Luís de Guindos subliñou que o emprego crecerá por primeira vez desde o inicio da crise. En términos de contabilidade nacional crecerá en 2014 o 0,6% e dobrará dita taxa o ano que vén. Grazas a estas previsións crearanse 600.000 empregos en términos de Enquisa de Poboación Activa desde finais de 2013 a finais de 2015 e o número de parados reducirase en, aproximadamente, 800.000.
A previsión de paro para 2014 é do 24,9%, cae así por primeira desde o inicio da crise. Para 2015 as estimacións son do 23,3% e no ano 2017 a taxa de paro estaría por baixo do 20%, en concreto no 19,8%.
No conxunto da Lexislatura, segundo o ministro, o número de parados será inferior en algo máis de 100.000 persoas e a taxa de paro será menor á que existía a finais do ano 2011.
Pola súa banda, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, sinalou como novidade a proposta de redución do déficit do conxunto das Administracións Públicas desde o 5,8% actual ao 5,5% para o ano 2014.
O ministro afirmou que con estas previsións conseguiriamos que España estivese por baixo do 3% en 2016, co que cumpriría o compromiso estabilidade esixido pola Unión Europea. "Para 2017 continuaría a redución do déficit público. A proposta do Goberno español é seguir avanzando na redución", sostivo o ministro.
Así mesmo, sinalou que o que lle interesa a España para saír da crise definitivamente e asentar a recuperación económica é reducir o déficit público e para iso non é necesario aumentar a presión fiscal senón reducir o total do gasto público mantendo as medidas postas en marcha no Plan Cora. Esta redución do déficit público producirase principalmente na Administración Central.
A débeda pública situarase no 99,5% en 2014, no 101,7% en 2015 e descendería ao 101,5% en 2016 e ao 98,5% no ano 2017.
Cristóbal Montoro confirmou que a reforma fiscal que ten en estudo o Executivo presentarase completa no mes de xuño e entrará en vigor o primeiro de xaneiro de 2015. O impacto total aproximado da reforma do IRPF alcanzará os 5.000 millóns de euros netos entre os anos 2015 e 2016.
Montoro asegurou que "non haberá máis subidas de impostos que aquelas que se deriven da normativa comunitaria, é dicir, das leis, non doutro tipo de recomendación".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.