Hoxe coñecemos que a economía española acelera o crecemento e acumula tres trimestres seguidos en positivo tras rexistrar un 0,4% ao finalizar marzo de 2014. En termos interanuais, o Produto Interior Bruto (PIB) incrementouse un 0,5%, fronte ao descenso do 0,2% do trimestre anterior, o que supón a primeira taxa positiva dende mediados de 2011.
Os datos de Contabilidade Nacional para o trimestre de 2014 indican o maior impulso da recuperación económica, cunha nova aceleración do crecemento intertrimestral do PIB e o rexistro dunha taxa anual positiva, que é coherente coa previsión do Goberno para o conxunto do ano.
Igualmente confirman que o crecemento económico está a ser xerador de emprego, en termos de postos equivalentes a tempo completo. Todo iso nun ámbito caracterizado pola moderación salarial, contención dos custos laborais unitarios e recuperación de competitividade fronte ao exterior, co consecuente impacto positivo sobre as exportacións. Finalmente, o patrón de crecemento é máis equilibrado, dadas as contribucións relativas de demanda interna e externa.
Polo que respecta a Galicia o Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) medrou no primeiro trimestre do ano un 0,2% respecto ao mesmo período de 2013, polo que a economía galega recupera taxas positivas interanuais logo de máis de tres anos e acumula tres trimestres consecutivos á alza, segundo indican as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
En concreto, o PIB autonómico rexistrou no primeiro trimestre de 2014 unha taxa interanual positiva, o que non sucedía dende o cuarto trimestre de 2010. Ademais, é o cuarto trimestre consecutivo no que mellora a evolución interanual da economía galega, cun incremento no último trimestre de cinco décimas respecto ao trimestre anterior.
En canto á evolución intertrimestral, o PIB galego creceu un 0,1% sobre o cuarto trimestre de 2013. Deste xeito, Galicia encadea tres trimestres con taxas de evolución positiva, sendo a primeira vez que sucede dende hai case catro anos. A Comunidade galega non rexistraba tres trimestres consecutivos con taxas positivas dende o segundo trimestre de 2010.
En canto á evolución por actividades, o sector servizos recupera tamén taxas interanuais positivas por primeira vez en dous anos. A evolución deste sector é do 1,8% respecto ao primeiro trimestre de 2013, segundo reflicten os datos do IGE.
Agardemos que estas boas novas teñían repetición nos vindeiros trimestres o que significaría a consolidación da recuperación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta