viernes, 23 de mayo de 2014

Eleccións Europeas: mitin de Celanova

Onte viaxei a a Celanova para asistir no Claustro do Mosteiro de San Rosendo a  un mitin no que participaron o alcalde, José Luis Ferro; o eurocandidato Francisco Millán Mon; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o voceiro do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy Fraga; e o presidente provincial, Manuel Baltar.

Millán Mon fixo fincapé en que as eleccións do próximo 25 de maio son transcendentais, porque estamos nunha etapa decisiva en Europa, en España e en Galicia. Neste senso, Considerou necesario seguir reforzando a unión económica que non estaba ao nivel requirido pola unión monetaria. Ademais, dixo que a Unión Europea ten que contribuír a solucionar os problemas dos cidadáns, en especial, cando estamos a saír dunha grave crise económica.

O candidato popular fixo tamén especial fincapé en que as decisións que se adoptan nas institucións europeas teñen unha especial influencia nunha economía como a galega. 

Neste sentido, destacou a importancia da Política Agrícola Común e referiuse á reforma positiva alcanzada grazas aos esforzos dun Ministro de Agricultura como Miguel Arias Cañete e dos eurodeputados populares no Parlamento Europeo. Así mesmo, detívose no sector lácteo, que ten ante si un novo horizonte no 2015 coa desaparición das cotas.

Igualmente, Millán Mon lembrou a importancia do comercio exterior, unha competencia exclusiva da UE. 

Neste sentido, manifestou a necesidade de concluír acordos internacionais con terceiros países que faciliten mercados para os produtos galegos, cada día máis enfocados ao exterior. 

Así mesmo, subliñou que España e en Galicia están xa na vía da recuperación, do crecemento e da creación de emprego, despois dunha herdanza nefasta recibida dos gobernos anteriores. 

Por iso, considera que sería incongruente votar aos que deixaron ese legado catastrófico. Pola contra, destacou que o voto ao PP contribuía á consolidación do crecemento e da recuperación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta