Onte foi un día intenso de campaña para o Partido Popular na cidade de Ourense.
Pola mañá, a sede de Aixiña acolleu un acto sectorial sobre
Política social que contou coa presencia de Ignacio Tremiño, Director Xeral
de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servicios
Sociais e Igualdade, e no que participaron tamén o responsable de Políticas
Sociais do PPOU, Miguel Santalices, a eurocandidata Carmen Pardo e o presidente
provincial, Manuel Baltar.
Os colectivos e asociacións do sector das Políticas
Sociais participaron neste acto formulando preguntas e abrindo intervencións
destinadas a debuxar a situación destes colectivos e o mellor xeito de aplicar
as políticas que se adoptan en Europa no beneficio dos usuarios. A
discapacidade e o xeito de eliminar barreiras foron puntos fundamentais no
debate aberto en Aixiña.
Lembremos que Aixiña é unha Asociación dedicada á integración de persoas afectadas de discapacidade física, paralise cerebral e terceira idade dependente. Entidade fundada por Recaredo Paz e que fai unha gran labor na plena integración destas personas en todos os ámbitos da vida, facendo importante fincapé na formación e na integración laboral.
Pola tarde acudín ao Debate Popular coordinado María Antonia
Rilo, que contou coa participación presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar
Rojo; e do vicepresidente, Miguel Santalices. As políticas europeas e a súa
incidencia en Galicia foron algunhas das claves que se abordaron.
E despois acudin ao local da Asociación de veciños As
Burgas, onde celebramos un mitin no que interviron José Luis Valcarce, Marta
Rodríguez-Vispo e Rosendo Fernández.
Fun
invitado a dirixirme á nutrida asistencia.
E fixen un someto repaso á situación política e económica de España desde decembro de 2011, constatando os esforzos e inxentes realizados
polos cidadáns e polo goberno para sair da recesión e do descrédito europeo. E
tamén para reflexionar sobre Europa, o que supón nas nosas vidas diarias e as
pespectivas de futuro.
Por suposto fixen un chamamento á participación para
evitar que estas eleccións sexan gañadas polo “partido da abstención”
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta