Intervín hoxe no Barrio do Couto
nun mitín organizado polo Partido Popular, no que tamén falaron Jesús Vázquez, Rosendo Fernández e Aurelio Gómez Villar
As miñas primeiras palabras foron para glosar a importancia destas eleccións para os cincocentos oito millóns de cidadáns que vivimos na Unión Europea. Nelas elixiremos os españois 54 eurodiputados dun total de 751 do Parlamento Europeo.
Despois fixen un repaso áos efectos das políticas europeas en Galicia nestes últimos anos e tamén a certos aspectos do programa do Partido Popular Europeo.
Finalmente pedín un esforzo
final aos militantes do PP para conseguir o voto de todos aqueles que confiaron
antes no noso Partido.
Resaltei que España xa sae adiante, superou o máis difícil da crise económica, e que agora estamos na fase de crecemento económico e creación de emprego, grazas ás políticas impulsadas polo Goberno do Presidente Rajoy.
Dixen que no último ano hai en España 304.892 parados menos. E en Ourense 2.217 parados menos que en abril de 2013. Un dato aínda insuficiente pero desde logo esperanzador.
Constatei como se incrementan os afiliados á Seguridade Social. No último ano hai en España case 200.000 afiliados máis á Seguridade Social. No último mes hai 133.765 afiliados máis á Seguridade Social.
Citei o dato de que entre os anos 2008-2011 sete de cada 10 desempleados da UE
xerábanse en España. Con todo no último ano una de cada tres parados que
abandonan o desemprego son de España. O que significa que este momento
lideramos a caída do paro na Unión Europea. Un bo signo de recuperación.
Afirmei que é moi importante dar un apoio ao Goberno do PP que sirva como alento para continuar coas reformas que nos están levando a superar con esforzo a crise económica.
Afirmei que é moi importante dar un apoio ao Goberno do PP que sirva como alento para continuar coas reformas que nos están levando a superar con esforzo a crise económica.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.