jueves, 29 de mayo de 2014

Eleccións Europeas:"O PP de Ourense gaña as eleccións no exterior"

Onte pola mañá procedeuse na Xunta Electoral Provincial de Ourense ao escrutinio dos votos emitidos polos ourensáns residentes ausentes no extranxeiro.

Os resultados acreditaron que finalmente chegaron 1.080 votos, dos que 446 foron para o PP (42,27%), 347 para o PSOE (32,89%),  e 46 para o BNG ( 4,36%). 

A nivel nacional, tan só o 2% dos inscritos no CERA, 34.310 persoas das 1,7 millóns censadas, exerceu o seu dereito ao voto.

No conxunto da Nación, o Partido Socialista gañou as eleccións europeas entre os españois residentes no estranxeiro ao conseguir 9.639 votos polos 8.552 do PP. 

O Partido Socialista obtivo o 28,1% dos sufraxios dos españois residentes no estranxeiro mentres que o Partido Popular logrou o 24,9%. As demais forzas políticas soamente obtiveron un respaldo testimonial por parte dos españois inscritos no CERA. 

Fai cinco anos, o Partido Popular perdeu as eleccións ao Parlamento Europeo por unha diferenza de máis de 28 puntos con respecto ao PSOE, que nesta ocasión reduciu considerablemente ata os catro puntos porcentuais.

O máis lamentable é que pouco máis do 40% dos españois que solicitaron o voto para participar no proceso electoral puideron facelo, e nalgúns casos, como os residentes españois en Venezuela, onde residen máis de 157.000 españois con dereito a voto, ningún pudo exercelo. 

Sobre un censo electoral no exterior de 1.724.390 españois, solicitaron participar nas eleccións 81.039 (4,70%), dos que finalmente exerceron o seu dereito ao voto 34.310, o 42,34% dos solicitantes.

Resulta necesario estudiar reformas que posibiliten o exercicio efectivo do dereito de voto dos nosos compatriotas no extranxeiro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta