sábado, 31 de mayo de 2014

Na inauguración do Novo Peinador


Asisto esta mañá á inauguración das obras de ampliación e remodelación da terminal do aeroporto de Peinador.

Logo dunha visita as instalacións tivo lugar unha rolda de intervencións.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, valorou a actuación conxunta da Xunta e a Administración Central, que posibilita a concentración dos investimentos máis importantes que nunca tivo esta cidade.

Así, puxo como exemplo as infraestructuras viarias, como a ampliación de Rande; as ferroviarias, como a nova estación e o eixe atlántico; as de saneamiento, como a nova depuradora; e as sanitarias, como o novo hospital metropolitano de Vigo.

Todas elas, sumadas á ampliación do edificio terminal de Peinador, suman máis de 880 millóns. Ante isto, Afustin Hernández destaco o valor da cooperación local, autonómica e central.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu tanto a Ana Pastor como ao seu predecesor, José Blanco, o traballo realizado nesta obra de ampliación que se iniciou en outubro de 2010.

A ministra Ana Pastor na súa intervención resaltou a importancia que a reforma do aeroporto, obra do arquitecto César Portela, supoñerá en canto ao impulso definitivo da economía de Vigo.

A ministra destacou que o edificio terminal do aeroporto de Vigo gañou espazo e calidade, pasando de ocupar 8.700 metros cadrados a 22.000.


No novo edificio investíronse 48,4 millóns de euros. Na obra  realizouse un axuste que permitiu aforrar en torno a 10  millóns de euros respecto ao orzamento inicial previsto,  manténdose os altos niveis de calidade e seguridade esixidos. 

A obra de ampliación, que se iniciou en outubro de 2010, realizouse por fases para manter en todo momento a operatividade do edificio e causar o menor impacto posible no paso dos pasaxeiros polas instalacións e no traballo diario de compañías e usuarios da  terminal.

As fases 1 e 2, que incluíron actuacións nos extremos norte e sur do edificio, finalizaron en xullo de 2012, e, unha vez postas en funcionamento,  iniciouse a seguinte fase, que finalizou o marzo de 2013, e que supuxo a remodelación de parte dos mostradores de facturación. 

Acabadas as obras e posta en servizo a zona central do  edificio, púxose en marcha a cuarta fase, na que se levaron a cabo  traballos no resto de mostradores de facturación e nas novas  portas de embarque, e cuxa finalización deu paso á última fase de remodelación  na recolleita de equipaxes.

A renovación e modernización do Aeroporto de Vigo inclúe outros  investimentos, como as actuacións no campo de voos, cuxo  obxectivo é dar cumprimento ao real decreto 862/09 que recolle as  normas técnicas de deseño e operación de aeródromos de uso público e  regula a certificación de aeroportos de competencia do Estado. 

Este proxecto  inclúe da regularización das RESAS (áreas de seguridade  de extremo de pista) en ambos extremos da pista, o que  conleva o desprazamento dun extremo e traballos de recheo no  outro.

Deu unhas previsións sobre o tráfico de pasaxeiros, cifrando en 700.000 persoas o volume de usuarios que alcanzará a terminal a finais de ano grazas as novas conexións.Recordou que, no primeiro cuatrimestre do ano, pasaron por Peinador uns 195.000 pasaxeiros, ademais de 143 millóns de toneladas de mercancías.

Este verán, segundo indicou a titular de Fomento, o aeroporto  servirá de punto de unión con dez destinos diferentes: as principais  cidades españolas e europeas, operados por seis compañías aéreas  distintas. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta