Hoxe, primeiro de maio, celebramos o
Día Internacional do Traballo, unha festa que ten un importante significado e
tradición.
Reproduzo neste
Blog o manifesto da Xunta de Galicia que comparto plenamente:
“O Goberno Galego quere manifestar novamente o
seu compromiso e sensibilidade cos dereitos da persoas traballadoras e, en
especial, con aquelas que máis están a sufrir os efectos da situación actual.
Por isto, a pesares de que se están dando manifestacións incipientes de cambio
de tendencia, desde a Xunta de Galicia non desistiremos en apostar para que o
futuro da nosa Comunidade pase por proporcionar unhas condicións de vida dignas
á totalidade da cidadanía, con garantía do dereito ao traballo; así como por
procurar un cambio na situación que padece a poboación, particularmente no caso
dos máis desfavorecidos, como son as persoas que perderon os seus postos de
traballo.
Conscientes, polo tanto, desta situación dende a Xunta de
Galicia estamos a poñer en práctica todo aquilo que está ao noso alcance para
que esta realidade mude, utilizando todas as ferramentas necesarias (políticas,
financeiras, normativas, de participación institucional, etc.) para encontrar
solucións que nos posibiliten contar cuns sectores produtivos fortes, cunhas
empresas máis fortalecidas e sostibles, así como cunhas relacións laborais nas
que primen a estabilidade e seguridade no traballo, a conciliación e a
igualdade laboral.
O 1º de maio é, polo tanto, un día especialmente
significativo no mundo do traballo e sírvenos para reafirmarnos, unha vez máis,
na nosa vontade de apoiar a todas aquelas persoas traballadoras para que gocen
dunhas boas e seguras condicións laborais. Centrarémonos moi especialmente en
axudar a aquelas que están a busca dun posto de traballo, e para isto contamos
con plans e políticas que se dirixen a corrixir esta situación, facendo
especial fincapé nos colectivos identificados como prioritarios, como son as
mulleres e a nosa xuventude. Para estes último, contamos cun Plan de Emprego
Xuvenil, que ten deseñadas actuacións específicas para os mozos e mozas.
A Xunta de Galicia non debe actuar soa senón que, sen
dúbida, acertará mellor se o fai mediante o consenso e o diálogo permanente cos
sindicatos e empresarios/as, xa que mediante a concertación lograremos acadar
mellores solucións para conseguir unha sociedade onde o emprego e as relacións
laborais sexan consistentes.
Esta é
folla de ruta coa que conta o Goberno galego nas súas políticas no eido
laboral, que, estamos seguros, resultarán positivas en termos de creación de
emprego xa que este é a mellor garantía para o benestar da nosa sociedade.”
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.