Celebramos hoxe sesión da Comisión
de Fomento do Congreso na que debatemos unha iniciativa do GPS pola que se
instaba ao Goberno a garantir que o AVE Madrid-Galicia executásese "con
plenas garantías" e mantendo as características de alta velocidade
"na súa integridad".
Defendeu a iniciativa o deputado pontevedrés Guillermo Meijón.
Neste debate
intervín en nome do GPP e destaquei o bo ritmo ao que avanzan as obras do AVE
en Galicia e recordei que o investimento total no AVE a Galicia ascende no que
vai de Lexislatura a 1.244 M€.
Afirmei que cando Ana Pastor tomou posesión como ministra de Fomento, en
decembro de 2011, só se executaron 483 M€ da liña Olmedo-Ourense (o 6% do
investimento previsto), e que o balance desta Lexislatura é que multiplicou por
máis de tres ese investimento, que hoxe xa é de case 1.727 M€ (superamos o 20%
do investimento total estimado).
O deputado popular explicou que no que vai de Lexislatura adxudicáronse
investimentos por un importe superior aos 2.570 M€.
"Non necesitamos apoiar unha PNL para impulsar a alta velocidade a Galicia
porque xa o estamos facendo con orzamentos e con feitos”, aclarei respondendo
ao deputado socialista Guillermo Meijón que as verdadeiras “tres D “ que
caracterizan ao PP de Ana Pastor e de Mariano Rajoy son: “decisión” en levar o
AVE a Galicia, “dotación” presupuestaria para conseguilo e “determinación” en
traballar por este obxectivo bo para os galegos e para toda España.
Como contraposición, botei en cara ao PSOE que a "tripe D” dos socialistas en
Galicia foi "deixamento”, por ter tantos anos os proxectos de alta
velocidade a Galicia esquecidos nun caixón; “débeda”, polos 40.000 millóns de
buraco que deixaron no Ministerio de Fomento e “despilfarro”, polos 8.000
millóns de sobrecustos das infraestructuras".
Dixen que a PNL dos socialistas quedou desfasada grazas aos esforzos feitos
polo Goberno para cumprir con Galicia e, neste sentido, citei, como exemplo,
que o pasado mes de marzo se licitóu o contrato para as instalacións de
seguridade e comunicacións entre Olmedo e Ourense (640,8 M€). “Grazas a estas licitacións
e adxudicacións lanzamos as obras de plataforma entre Lubián e Taboadela
conseguindo que a finais de 2012 estivesen adxudicadas as obras de todos os
tramos desta plataforma”
Afirmei crer que o compromiso do Ministerio que dirixe Ana Pastor con esta liña
é inequívoco, como o demostra tamén a publicación no BOE, o pasado día 11 de
abril, da aprobación do estudo informativo coa nova resolución entre Taboadela
e Ourense que presentou a ministra en Ourense en 2013.
Rematei a intervención, falando da
publicación no BOE do 14 de marzo da licitación do contrato para redactar os proxectos
constructivos, execución de obras, conservación e mantemento, etc, do tramo
Olmedo-Ourense-Santiago, por importe de 640 millóns de euros, e cualifiquei
esta licitación como “moito máis ventaxosa” que a que os socialistas suscitaran
sobre este mesmo tema en 2011, que tiña un importe de 905 millóns de euros e
era moito máis gravosa, máis cara e implicaba o pago de enormes intereses.
Para ver este debate na súa totalidade pode premer neste link:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
Para ver este debate na súa totalidade pode premer neste link:
Recibirá resposta.