Logo dunha semana sen actividade por causa da
campaña das eleccións ao Parlamento Europeo, teremos un próximo Pleno do
Congreso dos Deputados que comezará o martes, 27 de maio, ás 16:00 horas, co
debate da toma en consideración da Proposición de Lei do Grupo Parlamentario
Socialista, reguladora das medidas tributarias para as rendas non declaradas de
emigrantes retornados.
A continuación, debaterase a Proposición de
Lei de IU, ICV, EUIa, CHA; de prohibición de prospeccións e explotacións de
hidrocarburos non convencionais mediante fractura hidráulica (fracking).
Posteriormente, abordaranse as
proposicións non de lei. A primeira, impulsada polo Grupo Popular, refírese á
entrada en vigor da nova estratexia española de seguridade e saúde no traballo
2014-2020, mentres que a segunda, impulsada polo Grupo Socialista, é relativa á
tarifa eléctrica aplicable a regadíos.
A sesión do martes concluirá co debate das mocións
consecuencia de interpelacións urxentes. Primeiro veranse dous do Grupo Mixto,
unha de Amaiur, sobre propósitos do Goberno para corrixir a erosión de dereitos
fundamentais, e outra de Coalición Canaria sobre das prospeccións de
hidrocarburos fronte ás costas canarias das illas de Lanzarote e
Fuerteventura. O debate continuará coa moción do Grupo Socialista relativa
ás políticas do Goberno para garantir o dereito á vivenda ás familias con
dificultades económicas; e para rematar a de CIU sobre o cambio de modelo de
Formación Profesional introducido pola LOMCE, que a devalúa, e as consecuencias
da súa aplicación.
O Pleno do Congreso dos Deputados renovarase o mércores, 28 de maio, ás 09:00h, coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.
Xa durante a xornada do xoves, o Pleno verá varios dictames da comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais.
Ademais, e no caso de que algún grupo parlamentario presente enmendas de devolución ou de texto alternativo, abordaranse os debates de totalidade do Proxecto de Lei de Parques Nacionais; e do Proxecto de Lei de transformación do Fondo para o Financiamento dos Pagos a Proveedores.
Finalmente, debateranse e votarán as Propostas de Resolución presentadas con motivo do debate da Memoria sobre o estado, funcionamento e actividades do Consello Xeral do Poder Xudicial e dos Xulgados e Tribunais de Xustiza, correspondente ao ano 2012.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta