O próximo Pleno do Congreso dos Deputados comeza o martes, 6 de maio, ás 16,00 horas, coa toma en consideración da proposición de lei do Parlamento de Navarra, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de novembro.
A continuación, terá lugar o debate da proposición de lei, do Grupo Parlamentario Socialista, para que os españois emigrantes recuperen o dereito á asistencia sanitaria.
Posteriormente veranse as proposicións non de lei. En primeiro lugar a iniciativa do Grupo Popular, relativa ao desenvolvemento dun Plan Nacional para o Fomento da Automoción con Gas Natural; e para rematar, a do Grupo Parlamentario Socialista, sobre unha Unión Social.
Para rematar, veranse as mociones consecuencia de interpelacións urxentes. En primeiro lugar a do Grupo Parlamentario Socialista, sobre o balance do novo sistema de becas implantado polo Goberno; Posteriormente a do Grupo Parlamentario de IU, ICV-EUiA, CHA: A Esquerda Plural, sobre a posición do Goberno español ante o acordo comercial entre a Unión Europea e os Estados Unidos, chamado Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento; e para rematar a iniciativa do Grupo Parlamentario Catalán (Convergència i Uniu), sobre as actuacións que pensa levar a cabo o Goberno para impulsar a economía produtiva mediante un plan integral de viabilidad e crecemento para PEMES e autónomos.
O mércores, ás 9,00 horas, comezará a sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.