domingo, 11 de mayo de 2014

Eleccións Europeas: Intensa Xornada dominical do PP de G

Pese a ser domingo, a campaña electoral non parou. A zona termal das ribeiras do Miño foi a elexida polos PP da cidade para dar un paseo durante a mañá, AsíNa que antes aproveitei para correr uns quilómetros, 

A nosa candidata Carmen Pardo, experta en temas turísticos,  destacou o potencial termal da cidade e lembrou o punto de partida: "Foi cun goberno do PP cando se activou o desenrolo das ribeiras do Miño e se planificaron os diferentes complexos termais coa captación de fondos europeos Proder, Leader e Leader Plus". 

Ademáis, lembrou que outras infraestruturas relacionadas co Medio Ambiente e a Auga -selado do vertedoiro de Eiroás, Ponte do Milenio, abastecenento de agua a Outense, ou a nova EDAR- contaron con financiamento europeo, ao igual que a posta en valor turística da rehabilitación do Casco Histórico.

Pola tarde viaxei a Eurocidade Verin-Chaves onde celebramos un acto empresarial entre dous partidos integrados no PP Europeo, o PP  de España e a coalición. Inteveu en primeiro lugar o alcalde Chaves e logo a candidata Carmen Pardo.

Pola Aliança Portugal , intereveu o candidato  que encabeza a lista Paulo Rangel  que dixo que "O nosso adversário é o mesmo, é o despesismo socialista. 

Tanto em Espanha como em Portugal identificamos o mesmo problema de termos tido governações basicamente erradas ate 2011 e a necessidade de fazer um ajustamento foi paralela nos dois países, em Portugal foi um pouco mais grave do que em Espanha".

Ademáis dese adversário común, Paulo Rangel apuntou para unha "agenda global" de cariz europeu que une as três formações políticas, bem como uma agenda regional para "o norte de Portugal e a Galiza".

No mesmo sentido, Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, afirmou que os partidos teñen nos seus programas "uma perspectiva ibérica", considerando que a "cooperación  e a palabra crave neste momento".

"Estamos aqui tres forzas políticas, que pertencen à mesma família política, con filosofia europeísta, que vai gañar as eleccións. Somos o grupo maioritário e vamos continuar a selo, depois de uma série de esforzos nos dous países, nos que houbo coincidencias nos anteriores gobernos que levaron à autentica ruína das economias nacionais", declarou Baltar.

"O PP en España e as duas forzas que nos acompañaram aqui, en Portugal, tiveron a dura tarefa de fazer axustes, reformas, e, o mais difícil, pedir sacrifícios aos cidadans  para que hoxe podamos decir que estamos na seguinte fase de recuperación  económica", rematou.

Logo regresamos de Feces a Verin e no Colexio Amor de Deus, asistin ao Mitin Verín, no que interveu Alberto Núñez Feijoo xunto coa candidata ao Parlamento Europeo, María del Carmen Pardo, o presidente do PP provincial, José Manuel Baltar, e o alcalde, Juan Manuel Jiménez.

Feijóo fixo fincapé en que a Europa do PSOE é a de Joaquín Almunia e Magdalena Álvarez, onde non hai sitio para Galicia; mentres que a dos populares é a Europa que ten a Galicia nas prioridades.

Así, se os primeiros son os do veto ao tax lease, aos preferentistas e ás infraestruturas galegas; os segundos son os que negocian a Política Agrícola Común, os que loitan por unhas mellores condicions para o sector gandeiro e os que loitaron contra o veto aos nosos mariñeiros e mariscadores.

Como subliñou Feijóo, ao igual que desde 2009 Galicia recuperou o seu lugar en España; desde hai dous anos, España volve a ter un espazo en Europa.

Deste xeito, España, que durante oito anos se viu prexudicada polas irresponsabilidades dos que agora piden refuxio en Europa, volve a ser hoxe un país responsable, que cumpre cos seus compromisos e obrigas e loita contra a crise. Esa é agora a súa carta de presentación en Europa, e por iso o dirixente popular insistiu na importancia de non estragala.

Tal e como engadiu, se para uns Europa é un refuxio, para os populares é unha oportunidade. De feito, sinalou que a un lado hai un candidato, Miguel Arias Cañete, que durante os dous últimos anos como ministro foi políticamente galego, porque coñece os problemas da comunidade e preocupouse por eles; e ao outro lado está a Europa do PSOE, a que presenta España como frívola e incumpridora e a que representaron durante anos o comisario Almunia e Magdalena Álvarez. 

O líder do PPdeG tamén aproveitou a súa presenza no municipio ourensán para poñer en valor a primeira eurocidade Chaves-Verín. Como sinalou Feijóo, “Europa non é algo lonxano” e, “se hai algún sitio onde se entenda ben o que é, é en Verín”. 

Para o presidente do PP de G Verín é “un modelo de Europa”, “de cooperación europea”, “de apertura de miras para formar, con Chaves, unha eurocidade” coa que captar fondos europeos e “estar dentro do mapa da UE”. 

Segundo Feijóo, trátase dunha “das cidades máis importantes de cooperación en Europa” e, por iso, en Verín pouco fai falla destacar o que Europa significa para o viño, o leite, a pesca e o marisqueo, a industria naval, a textil ou a do automóbil.

Nesta liña, o dirixente popular subliñou tamén que “Europa somos nós desde o principio dos séculos” xa que, desde hai moitos anos, xente de todos os países do continente peregrinaban a Galicia conformando os Camiños de Santiago. “Sen darnos conta, os galegos fomos protagonistas na conformación da UE”. 


Por iso, cre que os cidadáns galegos “temos que dicir non poucas cousas” o vindeiro 25 de maio, dado que nesa data se decidirá quen vai gobernar en Europa e quen nos vai representar no Parlamento Europeo, “onde se decidirá máis do 70% das leis que se aplican todos os días en todos os lugares deste partido xudicial de Verín”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.