miércoles, 14 de mayo de 2014

Rajoy: hai datos que indican que as cousas van polo bo camiño e en 2014 e 2015 haberá crecemento e creación de emprego


Hoxe na sesión de control do Pleno do Congreso, o líder socialista Alfredo Pérez Rubalcaba preguntou a Mariano Rajoy, como valora o efecto das súas políticas sobre os cidadáns españois? 

O presidente do Goberno respondeu que "o gran obxectivo desta legislatura, como vostede sabe, señor Pérez Rubalcaba é crecer e crear emprego porque nos catro anos anteriores ao momento en que nós asumimos a responsabilidade de gobernar España non crecía e o paro aumentara 3.400.000 persoas. Para iso tivemos que corrixir os desequilibrios da economía española, o déficit público, reestruturar o sistema financeiro e recuperar con reformas estructurais a competitividade perdida; houbo que tomar decisións non fáciles, houbo que facer reformas. Intentamos facelo de xeito equitativo. subimos impostos e reducido algúns gastos, pero sempre intentando repartir entre todos, intentando ser xustos e mantendo os grandes alicerces do Estado de benestar (sistema de pensións, sanidade, educación e servizos sociais). Hoxe como consecuencia desas medidas estamos moito mellor que fai dous anos. 


Este ano xa teremos crecemento económico, o ano que vén haberá máis; este ano xa se está creando emprego neto en España, está aumentando, leva aumentando xa varios meses consecutivos o número de afiliados á Seguridade Social. Xa que logo, eu creo que todas estas reformas aos poucos irán producindo resultados cada vez máis apreciables para o conxunto dos españois"

E en réplica engadiu: "Quero reiterarlle o que tamén lle dixen nalgunha ocasión nesta mesma Cámara: hoxe as cousas están mellor que fai dous anos. Iso é evidente, negar a realidade non ten ningún sentido. Vemos que hai bos datos da Seguridade Social e hai máis afiliados hoxe que fai un ano; os últimos datos da Unión Europea din que o número de parados menos, o 38%, que hai en toda Europa son españois -é un dato positivo-; a prima de risco está ben, podemos financiar e volveu o investimento exterior; mellorou o turismo, o consumo. Xa que logo, hai datos que indican que as cousas van polo bo camiño e, como lle sinalei antes, en 2014 e 2015 haberá crecemento e creación de emprego no noso país".

Tamén destaco da sesión de control de hoxe a resposta de Soraya Sáenz de Santamaría dada á pregunta formulada pola portavoz do Grupo Socialista, Soraya Ramos: ¿que pensa facer o seu Goberno para atender ás necesidades dos cidadáns?



A vicepresidenta contestou: "Señora Rodríguez, sinceiramente creo que non se decatou vostede do que vai esta legislatura. Esta lexislatura vai de arranxar os desaguisados de toda a anterior. Vostede -como era esa frase?-, vostede estaba alí, non? Pois mentres vostede estaba alí 3,5 millóns de españois quedáronse no paro -máis dun millón mulleres-.

O número de fogares con todos os seus membros no paro, mentres vostede estaba alí, subiu en máis dun millón, señora Rodríguez. Deixaron a temporalidade no emprego -o emprego precario do que fala- no 24,8, e agora xa está baixando cara ao 23; 2,5 millóns de persoas, señoría -e o señor Rubalcaba estaba alí-, entraron en exclusión social. Sabe en que ano creceu un millón? En 2010, o ano dos recortes do Partido Socialista. Acórdase? Fala vostede dos pensionistas. Conxelaron as pensións e outras moitas axudas. 

Recortaron todo menos o déficit, e houbo que sanear as contas e pagar tamén esas facturas pendentes -que deixaron vostedes- da educación e da sanidade; disto vai a legislatura. Di vostede que que pensa facer o Goberno. Non é o que pensa facer o Goberno, é o que está facendo. Está facendo reformas para que os españois teñan unha esperanza, e hoxe as cifras de emprego creo que son unha boa esperanza, un bo inicio."


E en réplica engadiu: "Este Goberno segue traballando, porque vostedes pretenden que como estamos en campaña deixemos de facer todo. Sabe o que lles fai a vostedes máis dano? Que este Goberno traballa, e traballa todos os días. Vostedes decidiron unha cousa que, sinceramente, creo que é moi perigosa, que o seu adversario político non sexa nin o Goberno nin o PP senón a realidade. A realidade, señorías, é a que lles vai desmentindo día a día e todos os días; porque esa realidade non se cambia con retórica senón con reformas, as que fixo este Goberno, como lle digo, para resolver os desaguisados de todas as anteriores, as súas. O señor Rubalcaba e vostedes estaban alí."