O prazo de construción de ambos buques, que se realizará nos centros de traballo de Porto Real/San Fernando e Ferrol, será de aproximadamente 30 meses, o que supoñerá en conxunto un total de 2,2 millóns de horas de traballo tanto propias como da industria auxiliar.
Cabe destacar que na construción destes dous buques integraranse os equipos e sistemas doutros subcontratistas nacionais. A contratación aportará unha importante carga de traballo a Navantia a curto prazo e contribuirá positivamente a mellorar a posición financeira da compañía. Igualmente, o impacto deste pedido estenderase á Industria Auxiliar de Navantia así como aos citados suministradores de sistemas e equipos, o que provocará un efecto directo sobre o emprego das distintas comunidades afectadas.

A misión principal destes buques será o control da Zona Marítima Exclusiva (ZEE), así como a defensa contra ameazas asimétricas e convencionais de pequena entidade. Outras misións serán as de vixilancia, salvamento, ou a loita contra a contaminación e o contrabando.
Estes buques contan cun desprazamento máximo de 2.490 toneladas e unha autonomía que oscila entre as 3.500 e as 8.700 millas, podendo alcanzar unha velocidade máxima de 20,5 nós. A súa dotación de persoal pode oscilar entre as 35 persoas ás que se poden sumar outras 80 embarcadas eventualmente.
Ademais, contan cunha capacidade suficiente para operar cun helicóptero embarcado e todo iso dentro dunha eslora de 93,9 metros e unha manga máxima de 14,2 metros.
O encargo deste novo buque súmase ás catro grandes operacións aprobadas para o estaleiro público de Ferrol, como a construción do flotel que realizará para Pemex, a achega que vai facer para a construción dun LHD para Turquía ou o buque Monforte de Lemos que, en palabras do presidente da Sepi, suman 400 millóns de euros.
Nesta mesma xuntanza, Feijóo recoñeceu que neste momento Navantia conta con carga de traballo “para os vindeiros 30 meses por un total de 400 millóns de euros”, o que supón, agregou, “cambiar o horizonte deste estaleiro cara a un horizonte despexado de carga de traballo e un horizonte de carga de traballo durante os próximos 30 meses”.
O presidente galego agradeceu o comprimoso da Sepi con Galicia, posto que, desde o ano 2006, lembrou, o estaleiro de Ferrol non contaba con ningún pedido por parte do Goberno de España. “Hoxe, sen ningunha dúbida, é unha boa noticia para Ferrol; e, falar de Ferrol, é falar dunha boa noticia para Galicia”, aseverou.
De igual xeito, tamén agradeceu “moi especialmente” a implicación do presidente Rajoy en relación a este pedido xa que se trata dunha noticia na que o Goberno galego leva traballando desde hai meses, e recoñeceu que “é evidente que a Sepi traballou para concluir afirmativamente o desbloqueo de pedidos militares aos estaleiros públicos españois, tanto aos do sur, Andalucía, como aos de Galicia”.
Parabens a todo o personal de Navantia, da industria auxiliar e de todos os ferroláns, comezando polo seu combativo e eficaz alcalde José Manuel Rey Varela.
Parabens a todo o personal de Navantia, da industria auxiliar e de todos os ferroláns, comezando polo seu combativo e eficaz alcalde José Manuel Rey Varela.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.