Coñecemos onte o
informe trimestral do Ministerio do Interior sobre a evolución da criminalidade,
que inclúe por primeira vez datos das capitais de provincia e das localidades
con poboación superior a 50.000 habitantes.
O informe trimestral sobre a evolución da criminalidade baséase nos datos
fornecidos polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Corpo Nacional de
Policía e Garda Civil), as Forzas e Corpos de Seguridade dependentes das
Comunidades Autónomas (Ertzaintza, Mossos d'Esquadra e Policía Foral de Navarra)
e aqueles Corpos de Policía Local que facilitan datos. Desta forma, os datos
presentados mostran unha imaxe máis acorde e aproximada á realidade da
incidencia da criminalidad en España.
Así sabemos que no conxunto do Estado a taxa de criminalidade descende 0.5 puntos.
No primeiro trimestre do ano 2014 coñecéronse un total de 515.315 delitos e faltas en España, o que supón un descenso do - 4,1% respecto ao mesmo periodo do ano 2013, cando se coñeceron 537.223. Estas cifras resultan nunha taxa de criminalidade de 45,6 infracciones penais por cada 1.000 habitantes. Esta taxa reduciuse en 0.5 puntos respecto de a taxa de decembro de 2013 como consecuencia da disminución de infracciones penais coñecidas.
Aínda que o número de homicidios consumados aumentou en relación co mesmo periodo do ano pasado -pasan de 79 a 86-, a delincuencia violenta en xeral sufriu un importante retroceso (-14,1%), alcanzando unha disminución do 16,7% os roubos con violencia e intimidación. O resto de indicadores de seguridade descenden, logrando unha caída de ata o 14,4%, como é o caso da sustracción de vehículos a motor.
O descenso do número de delitos e faltas foi en Galicia do - 6,2 %, unha porcentaxe moi salientable.
Na provincia de Ourense os datos son extremadamente positivos.
O descenso do
número de delitos e faltas foi do - 15,2 %.
Destacan os descensos nos “roubos
con forza en domicilios” (un - 39,1 %) e nos “roubos con violencia e
intimidación” (un - 35,8 %). Pero tamén nos “danos” (- 28,70 %) e nos “furtos”
(- 13,7 %)
No caso do municipio de Ourense, os datos tamén son moi positivos, cun descenso do - 11,3 %.
Felicidades ás autoridades responsables e ás Forzas e Corpos de Seguridade do
Estado.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.