Falou hoxe a Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Bañez nun congreso de expertos laboralistas da aposta do Goberno pola contratación indefinida que está na orixe da posta en marcha da denominada 'tarifa plana', unha das medidas "máis potentes que se adoptaron neste país para tratar de incentivar a contratación indefinida".
A medida contempla unha redución nas cotizaciones empresariais á Seguridade Social por contingencias comúns da que poden beneficiarse as empresas e traballadores autónomos que aposten polo emprego estable.
Segundo adiantou a ministra, esta medida está tendo moi boa acolleita. Desde a sua implantación xa se celebraron case 68.621 contratos indefinidos que cumpren os requisitos para acollerse a ela e a contratación estable experimentou un aumento do 21% interanual no último mes. Para Báñez estes son "datos enormemente alentadores tendo en conta que aínda moitas empresas atravesan por momentos de dificultade e incerteza".
A titular de Emprego e Seguridade Social destacou tamén a importancia da contratación a tempo parcial que, "xunto á contratación indefinida -explicou-, debe xogar un papel fundamental e converterse igualmente nunha importante vía de inserción no mercado de traballo, equiparándose a súa utilización á doutros países europeos".
Na súa intervención Báñez resaltou a importancia da implantación da reforma laboral e os seus positivos efectos sobre o mercado de traballo. Para a ministra trátase dunha reforma de calado que posibilitou frear a sangría do paro.
Recordou que mentres que cando se aprobou a reforma laboral o paro rexistrado crecía a un ritmo do 12,5%, hoxe redúcese a un ritmo superior ao 6% e súmanse xa 10 meses consecutivos de redución do desemprego en térmos desestacionalizados.
Tamén o rexistro da Seguridade Social acumula nove meses de crecemento consecutivo de afiliados en termos desestacionalizados.
Para a titular de Emprego e Seguridade Social o mercado de traballo español necesitaba unha reforma de calado. Un novo marco de relacións laborais flexible que permitise facer fronte á crise económica cun axuste das condicións de traballo que permitise salvar o maior número posible de postos de traballo e, cando a economía volvese crecer, facilitase unha recuperación máis rápida do emprego.
"Esa foi a finalidade principal da reforma laboral de 2012. Potenciar a flexibilidade interna nas empresas, poñendo a disposición de traballadores e empresarios alternativas reais aos despedimentos ante circunstancias difíciles e adversas", remarcou.
Báñez sinalou que a reforma laboral fixo máis viable a posibilidade de "descolgue", como unha alternativa real aos despedimentos. Así, desde febreiro de 2012 e a data de hoxe xa se produciron máis de 2.500 inaplicacións que afectaron a máis de 237.000 traballadores.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.