domingo, 29 de junio de 2014

Axenda Estratéxica para a Unión Europea en tempos de cambio

Finalizou onte  a reunión do Consello Europeo de Bruxelas coa designación de Jean Claude Juncker para presidir a Comisión Europea , que se produce tendo en conta o resultado das eleccións europeas, as oportunas consultas co Parlamento Europeo e unha votación na que o candidato obtivo a maioría cualificada que require o Tratado de Lisboa. 

Esta decisión constitúe un primeiro paso na substitución institucional que debe someterse o próximo 16 de xullo á investidura do Parlamento Europeo".

Mariano Rajoy informou que o Consello Europeo adoptou a denominada Axenda Estratéxica para a Unión en tempos de cambio. Trátase de documento que contén as prioridades para esta lexislatura e os cinco grandes eixes que deberán centrar o labor da Unión Europea durante os próximos cinco anos. "É a primeira vez que un candidato proposto polo Consello Europeo para presidir a comisión recibe un plan de actuación destas características", dixo.

Eixes da axenda estratéxica e documento de conclusións:

O presidente aseguro que "a prioridade de Europa é tamén a prioridade do Goberno de España: creación de emprego e o crecemento económico".

Por iso, os socios comunitarios acordaron utilizar a flexibilidade dispoñible no Pacto de Estabilidade e Crecemento, co fin de impulsar a actividade económica, aumentar o investimento, e crear máis e mellor emprego así como fomentar as reformas para mellorar a competitividade. "

O segundo eixe da axenda estratéxica está centrado nas persoas. Mariano Rajoy indicou que "Europa debe ser un espazo de oportunidades, especialmente para os mozos, protexendo a liberdade dos traballadores para moverse libremente, residir e traballar en calquera país da UE".

O terceiro eixe persegue asegurar unha enerxía asequible, segura e sostible para os cidadáns e as empresas europeas. "Reafirmamos o noso compromiso para poñer fin ao illamento de calquera Estado membro das redes do gas e electricidade mediante o aumento da interconexión e fixamos para o próximo consello Europeo de outubro a decisión sobre un novo obxectivo de interconexión para 2030", dixo o presidente.

A proposta de España, o documento de conclusións recoñece, como cuarto eixe, a necesidade de contar na UE cunha política de migración, asilo e fronteiras eficiente e ben xestionada. Ademais, os Vinte e oito recoñeceron a necesidade de contar cunha xestión eficiente das fronteiras exteriores da Unión, abogando por reforzar a asistencia operativa de Frontex e acordando estudar a creación dun sistema europeo de gardas de fronteiras.

O presidente destacou de forma especial a incorporación ás conclusións, tamén por iniciativa española, da necesidade de reforzar a protección das vítimas: "Con este recoñecemento a nivel europeo quero poñer de relevo unha vez máis o noso compromiso con todas aquelas persoas que sufriron as consecuencias do terrorismo ou da violencia de xénero".

O quinto eixe da estratexia propugna unha UE forte no mundo e por reforzar os vínculos cos veciños mediterráneos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.