Do Consello de Ministros celebrado onte quixera resaltar a
aprobación dos obxectivos de estabilidade presupostaria para o período
2014-2017, así como o límite de gasto non financeiro do Estado para 2015. Con
iso iníciase o proceso de elaboración dos Presupostos Xerais do Estado.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, en rolda de prensa subliñou que o teito de gasto confirma que seguimos na liña de redución do déficit público e de consolidación fiscal e destacou que o esforzo realizado nos últimos anos "nos permitiu cumprir cos obxectivos pero sempre preservando o gasto social". Ademais, sinalou que o obxectivo de estabilidade presupostaria e de débeda pública para o conxunto das administracións públicas supón "unha política de contención que non implicará ningún outro axuste adicional".

Na mesma liña, o ministro de Facenda e Administracións
Públicas, Cristóbal Montoro,
asegurou que para o Goberno o control e a redución do déficit público é
inescusable: "Grazas a ese control das contas públicas e á corrección do
déficit, en España estamos a vivir unha recuperación económica incipiente, pero
recuperación económica". Neste sentido, destacou que estamos no cuarto
trimestre de crecemento económico positivo e comezando un proceso de creación
de emprego, que é o grande obxectivo de política social do noso país, e iso é
factible grazas ás reformas estruturais e a que está asentado no control do
déficit público.
Montoro explicou que a proxección dos
Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015, ao ter lugar nun contexto de
recuperación económica, fará compatible a redución de impostos co obxectivo de
déficit. Ao respecto, avanzou que "non" se formula unha nova redución
do gasto público en termos absolutos".
Afirmou que o escenario macroeconómico non varía respecto ao presentado no Programa de Estabilidade. "España vivirá unha recuperación económica dende o ano 2014 ata o 2017".
Apuntou que se está a recuperar a demanda interna, o
consumo das Administracións Públicas está a decrecer e o sector privado e o
consumo público "viven unha recuperación a partir do ano 2014, que é o
último da recesión económica en España,". Ademais, sinalou que a creación
neta de emprego arranca en 2014 e se "duplicará o ano que vén", e a
taxa de paro caerá, de maneira que "no ano 2017 xa estariamos con taxas de
paro por debaixo do 20% ".
Obxectivos de déficit
O obxectivo de déficit será do 5,5% do PIB para 2014; o
4,2% en 2015; o 2,8% para 2016 e o 1,1% para 2017. A Administración Central
reducirá progresivamente o seu déficit ata alcanzar o 1,1% do PIB en 2017. Tanto
as Comunidades Autónomas coma as Entidades Locais terán equilibrio
presupostario en 2017 ao igual que a Seguridade Social.
Cristóbal Montoro recordou que o ano pasado o Estado financiou á Seguridade Social en case 30.000 millóns de euros, o que supuxo case 3 puntos do PIB que foron parar a financiar o seguro de paro e as pensións máis baixas, as non contributivas e os complementos por mínimos. Isto, segundo o ministro, xustifica que o Estado teña un déficit tan alto.

Límite de gasto non financeiro do Estado para 2015
O ministro de Facenda e Administracións Públicas anunciou que o límite de gasto non financeiro para 2015 ascende a 129.060 millóns de euros e supón unha diminución do 3,2% do PIB respecto do Presuposto de 2014, o que representa 4.200 millóns de euros.

O obxectivo de déficit fixado en 2015 para o Estado é do 2,9% do PIB, equivalente a 30.959 millóns de euros. A previsión de ingresos non financeiros do Estado para ese ano ascende a 133.712 millóns de euros.
Montoro sinalou que seguimos nunha política austera en materia de gasto público porque o esixe a situación e os nosos compromisos para chegar a alcanzar o obxectivo".
Non obstante, esta redución do teito de gasto non implicará unha caída do presuposto nos ministerios, xa que se prevé un aforro en prestacións por desemprego, pois "moita xente non perderá o seu posto de traballo o ano próximo". Ademais, "o aforro dos intereses tamén será significativo porque o Tesouro se está a financiar a tipos de interese mínimos históricos".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.