domingo, 1 de junio de 2014

Impresionantes obras de construción da LAV nos concellos de Castrelo do Val e Laza

Visito este domingo os concellos de Castrelo do Val e de Laza onde se estan executando unhas monumentais obras de construción da LAV entre Olmedo e Lubián.

Observei as obras do Tramo: Vilariño-Campobecerros. Vía Dereita cuxo contrato se formalizó o 24 de agosto de 2012 coa Unión Temporal de Empresas Acciona Infraestructuras, S.A. -Cyes Infraestructuras, S.A. O importe total destas obras é de 93.476.670,32 euros.

Realmente causa impresión a gran montaxe que hai na pequena localidade de Campobecerros. 

Neste lugar trabállase na perforación cunha espectacular tuneladora alimentada por dez grupos electrógenos .Impresiona a fábrica de dovelas que forman os aneis que revisten o túnel trala perforación, que están almacenadas nunha inmensa explanada

Tamén vin as obras do Tramo: Campobecerros-Portocamba  cuxo contrato se formalizó o 27 de febreiro de 2012 coa Unión Temporal de Empresas, Sacyr, S.A. (35%), Cavosa Obras y Proyectos, S.A. (35%), Río Vallle Construción y Obra Pública, S.L. (15%) Y Construcións Mariano López Navarro, S.A.U. (15%).
O importe total destas obras é de 84.250.714,65 euros.

Igualmente vin as do Tramo: Portocamba-Cerdedelo, as do Tramo: Túnel do Corno Vía Dereita e do Tramo: Cerdedelo-Prado.

Estas son algunhas das fotografías:


















Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta