Hoxe desde as 12,00 horas participei no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, e no que
interviron Pablo Mosquera, Yashmina Shawki e Pablo Arangüena.
O
tema central foi valorar a enquisa de Sondaxe publicada onte polo diario La Voz de Galicia, reveladora de que comparando
cos comicios autonómicos de outubro do 2012, coas recentes eleccións ao
Parlamento europeo, a formación política Podemos rabuñou adeptos ao 100% do actual arco parlamentario.
Así segundo esta sondaxe o inesperado éxito de "Podemos" o fraguaron vellos votantes socialistas ao 32,1%, populares ao 16,7%, de Alternativa Galega de Esquerda ao 15,5% e do BNG ao 13,1%. Outra cantidade igual a esta última achegáronllela antigos abstencionistas, un 4,8% os novos censados, un 2,4% o corpo de votantes en branco e outro tanto a xente procedente de diversas opcións minoritarias.
Segue dicindo a sondaxe que cruzando a enquisa coas cifras do reconto e redondeando, se colige que Podemos tomou prestada dos de José Ramón Gómez Besteiro 27.000 papeleta, 14.000 dos de Alberto Núñez Feijoo, 13.000 dos de Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, e 11.000 dos de Xavier Vence. Ou sexa, que a xuízo do citado estudo privou de 65.000 sobres nas urnas ás catro forzas representadas no pazo do Hórreo.
Valorando esta enquisa dixen
que O PPdeG fixo autocrítica desde o primeiro minuto polos
resultados do 25-M, pese a ser o gañador. E que se houbo electores do PP que
optaron por apoiar a Podemos, era evidente que temos que facer un esforzo por
recuperalos, facéndolles ver os resultados da acción de goberno e a seriedade e
realismo das nosas propostas.
Tamén falei de que pese a
irrución desta forza política, o certo é que en Galicia os electores, dun xeito
moi maioritario apostaron polo Partido Popular, como o fixeron no conxunto da
UE.
Tamén falamos dos problemas
de alimentación de nenos que vivan en familia en situación de necesidade
económica agora que os colexios pechan por vacacións os seus comedores.
Dixen que estabamos diante
dun serio problema, é que coidaba que o Parlamento de Galicia aprobou hai
poucos días aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, a través
da que se insta á Xunta a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que
ningún neno careza de alimentación ou sustento necesario por estar a súa
familia en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos
concellos interesados para usar as instalacións dos centros educativos en
colaboración cos servizos públicos de benestar.
E que esa atención debe procurarse dun xeito razoable, sendo cautelosos e evitando a visibilidade ou discriminación para os alumnos afectados.
E que esa atención debe procurarse dun xeito razoable, sendo cautelosos e evitando a visibilidade ou discriminación para os alumnos afectados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.