Esta
mañá debatemos no Pleno do Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Orgánica de abdicación
da Sua Maxestade O Rei don Juan Carlos
I de Borbón, que foi
aprobado con 299 votos a favor, 19 en contra e 23 abstencións, co que supera a
maioría absoluta necesaria polo seu carácter orgánico.
O Presidente Mariano Rajoy subiu á tribuna do Congreso dos Deputados para explicar a posición do Executivo, afirmando que "damos efectividade á vontade da Sua Maxestade O Rei de abdicar en favor do seu sucesor e damos cumprimento á vontade constituínte, que estableceu claramente o procedemento a seguir neste caso".
Rajoy encadrou este trámite na "normalidade constitucional", un marco "no que adquire sentido a continuidade das institucións, como un síntoma de estabilidade e de madureza democrática". Ademais, apuntou que a sucesión na Xefatura do Estado non se producira con esa normalidade nos dous últimos séculos.
O presidente subliñou que "a forma política de Estado non está na Orde do día desta sesión do Congreso dos Deputados", porque do que se trata é de atender o mandato constitucional do artigo 57.5 de ratificar a vontade do monarca de abdicar. Convócanos aquí hoxe a Constitución para que ratifiquemos, en nome do pobo español, a vontade expresada polo xefe do Estado, e así facela efectiva como corresponde á monarquía constitucional", sinalou.
O
presidente destacou que "España é unha monarquía parlamentaria con fondas
raíces históricas porque así o queren os españois, que dispuxeron ademais na
Constitución que herdarán a Coroa os sucesores de don Juan Carlos,". Rajoy engadiu que os españois estiman
que a Monarquía é a opción que mellor garante a imparcialidade, a estabilidade
política e a convivencia en paz, "que é indispensable para o progreso e a
prosperidade".
Mariano Rajoy deu as grazas a todos os grupos da Cámara que anunciaron o seu apoio a esta Lei, un respaldo que "nos permite, ademais de cumprir o mandato constitucional, ofrecer unha imaxe de seriedade e responsabilidade exemplares no funcionamento das nosas institucións democráticas".
Rajoy eloxiou o papel de don Juan Carlos na "transformación formidable" experimentada por España durante os 39 anos do seu reinado. Ese proceso, argumentou, é o froito da decisión española e tamén "do impulso e o liderado catalizadores do cambio" levados a cabo polo Rei. Entre os méritos do monarca, o presidente mencionou a súa contribución ao diálogo, o seu recoñecemento da diversidade de España e a elección das persoas axeitadas para a transformación do sistema político, e é obrigado aquí recordar unha vez máis ao recén desaparecido Adolfo Suárez",dixo.
O xefe do Executivo tamén se referiu ao "coidado" posto por don Juan Carlos na
preparación do seu sucesor. Ademais, asegurou que ten a certeza, " e
téñena a maioría dos españois", de que don Felipe de Borbón e Grecia conta coas
calidades necesarias para o exercicio das funcións constitucionais atribuídas
ao Rei. Rajoy
afirmou que o Príncipe de Asturias coñece "os problemas e as ambicións dos
españois" e "esforzouse en coñecer de primeira man, en apreciar e en
defender a diversidade dos nosos pobos e culturas".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.