martes, 3 de junio de 2014

O maior descenso do paro rexistrado de toda a serie histórica nun mes de maio

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio  de 2014

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 648 persoas, un – 2,21 %.

O numero de parados queda en 28,734, deles 13.678 son homes e 15.056 mulleres, 26.893 son maiores de 25 anos e 1.841 menores.

Por sectores, 1.269 son da agricultura, 4.134 da industria, 3.914 da construción, 16.968 nos servizos e 2.449 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de maio de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.200 persoas (-7,11 %) un dato mellor que o nacional, - 6,51 %.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 6.700 persoas con respecto a abril, un – 2,48 %. O número de parados queda fixado en 263.444, deles 126.380 son homes e 137.064 mulleres, 247.520 son maiores de 25 anos e 15.924 menores.

Por sectores, 8.994 son da agricultura, 36.361 da industria, 36.779 da construción, 159.778 nos servicios e 21.532 do colectivo sen emprego anterior.

Estos datos acreditan que o paro cae máis en Galicia que no conxunto de España.

 Con respecto á media do Estado, cómpre destacar que neste mes de maio a evolución interanual galega é mellor que a media nacional.
Interanual Estado: -6,51% Galicia: -7,20%

Baixa o paro en todas as provincias (A Coruña é a que máis en termos absolutos e Lugo en termos relativos). O descenso vincúlase principalmente ao sector dos servizos (-3.034) e da construción (-1.837).

Con respecto ao mes de maio de 2013, o paro baixa en Galicia en 20.442 persoas (-7,20%). Isto supón o maior descenso interanual en termos absolutos nun mes de maio desde 1999. Cabe destacar, ademais, que non se producía un descenso interanual do paro nun mes de maio desde o ano 2007.

Ademais, convértese na sétima baixada interanual consecutiva do paro rexistrado e a maior de todas elas, o que confirma a mellora progresiva no comportamento do desemprego.

En termos intermensuais, trátase do maior descenso en termos absolutos e relativos desde 2007.

Galicia é a sexta comunidade autónoma na que máis baixa o paro rexistrado en termos interanuais absolutos (só superada por Cataluña, Comunidad Valenciana, Anadalucía, Comunidad de Madrid e Canarias).

 
España:

O paro baixou en maio en 111.916 persoas, un – 2,39 %. Queda situado en 4.572.385 persoas. Deles 2.188.342 son homes e 2.348.043 son mulleres. 4.164.710 son maiores de 25 anos e 407.675 menores.

Por sectores, 215.807 son da agricultura, 479.471 da industria, 593.772 da construción, 2.896.348 nos servizos e 386.987 do colectivo sen emprego anterior.

Estes datos acreditan o mellor comportamento do paro rexistrado nun mes de maio en toda a serie histórica.
Sen ter en conta o efecto estacional, o paro diminúe en 24.604 persoas, fronte a un incremento en media de máis de 33.000 persoas nos últimos 5 anos. É tamén a maior caída do paro desestacionalizado nun mes de maio dende o ano 1998.
O paro cae en termos corrixidos de estacionalidade por décimo mes consecutivo. Dende 1999 non se rexistraba unha tendencia descendente tan prolongada.
Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 318.543 persoas. A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por primeira vez dende maio de 2007, acentúa un mes máis a súa caída e alcanza o -6,51%. Acumula xa un descenso de máis de 19 puntos dende que, en maio de 2012, hai tan só dous anos, alcanzase un valor máximo de +12,5%.
Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminuíu nos últimos 12 meses en 50.337 persoas, o que supón un descenso do 11%.
O paro rexistrado baixou nas 17 Comunidades Autónomas, encabezadas por Cataluña (-19.518), Madrid (-15.051) e Andalucía (-14.082).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta