A próxima semana, en
concreto o mércores 11 teremos unha moi importante sesión do Pleno do Congreso
dos Deputados na que debateremos e votaremos o Proxecto de Lei de Orgánica de
abdicación da súa Maxestade o Rei don Juan Carlos I de Borbón, que require maioría
absoluta para ser aprobado, dado o seu carácter orgánico.
O Consello de
Ministros aprobou onte o proxecto, de acordo co artigo 57.5 da Constitución
Española, que dispón que "as abdicacións e renuncias e calquera dúbida de
feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión á Coroa resolveranse por
unha lei orgánica".
O proxecto de Lei
Orgánica consta dun artigo único co seguinte texto: "S. M. o Rei Juan
Carlos I de Borbón abdica a Coroa de España. A abdicación será efectiva no
momento de entrada en vigor da presente Lei Orgánica".
Unha vez cualificado pola Mesa do Congreso,
que abriu un prazo para presentar enmendas de devolución ata o luns ás 20,00
horas, a Xunta de Portavoces acordou incluílo na orde do día da sesión plenaria
do próximo día 11 de xuño, mércores.
O Pleno empezará ás
9,00 co debate e votación da proposta de tramitar o proxecto en lectura
única.
A continuación
comezará o debate coa exposición do proxecto por parte do Goberno e a
intervención dos grupos parlamentarios de maior a menor, salvo o Grupo Popular,
que intervirá en último lugar.
Unha vez votadas, no
caso de que as haxa, as enmendas de devolución e aprobado o proxecto, que
require maioría absoluta dado o seu carácter orgánico, o texto pasará
directamente ao Senado para continuar a tramitación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta