Asisto hoxe á Conferencia Internacional
Século XXI Postal “Un Desafío político, sindical, económico e social” do Sector
Postal da FSP-UGT que se celebra do 25 ao 27 de Xuño na Coruña.
Invitado polo seu Secretario Federal, José Sayagués participei nunha mesa redonda titulada “A cohesión territorial como desafío para a rede postal”, na que estivo o meu colega deputado Román Ruiz, do GPS, o alcalde Ares, Xullo Iglesias o de Sada, Ernesto Anido, o Director de Operacións de Correos, Magín Blanco, así como o secretario da Fegamp, Eduardo Ramonde.
Na miña intervención recordei que a Lei 43/2010, de 30 de decembro, do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal, glosa no seu preámbulo a importancia destes servizos para as sociedades desenvolvidas:
”A existencia duns servizos postales de ampla cobertura territorial e de alta calidade e fiabilidade é unha condición necesaria para a promoción dun desenvolvemento armonioso, equilibrado e sostible das actividades económicas en España e no conxunto da Unión Europea. Como a propia normativa comunitaria recoñece, os servizos postales son un medio esencial de comunicación, comercio e cohesión social, económica e territorial, e no cumprimento da súa función de interese xeral contribúen ao logro dos obxectivos de equidade, emprego e protección social, á vez que favorecen a competitividade das empresas e a elevación da calidade de vida dos cidadáns.”
Recordei que o Ministerio de Fomento, en tanto que ministerio de tutela do sector postal, inclúe dúas liñas estratéxicas para dar cumprimento ao disposto na normativa postal a través da Secretaria Xeral Técnica (SGT): Garantir a cohesión territorial e o equilibrio entre CC.AA. e a calidade nos servizos públicos.
E dixen que a SGT proponse impulsar dous programas de actuación que vertebran os obxectivos xerais destas liñas estratéxicas: completar o desenvolvemento normativo da Lei 43/2010 e elaborar e impulsar a aprobación polo Goberno do Plan de prestación do servizo postal universal e o seu Contrato regulador.
Esta normativa contribuirá a potenciar as virtualidades dos servizos postales no sua dobre faceta de garantir a cohesión territorial e o equilibrio entre CC.AA. e de mellorar a calidade e a eficiencia na prestación dos servizos públicos. Asegurando con iso, ao mesmo tempo, un emprego estable e de calidade nun sector tan intensivo en man de obra como é o postal.
Dixen que a prestación do servizo postal universal a través da rede postal potencia a cohesión territorial e o equilibrio entre comunidades autónomas xa que é pola súa propia natureza un medio de redistribución de rendas ao asegurar a igualdade de trato para todos os cidadáns no goce deste servizo, con independencia da súa condición social e do seu lugar de residencia.
Unha igualdade que é especialmente importante nas zonas rurais e, naturalmente, nas comunidades autónomas con numerosas poboacións envellecidas vivindo nestas contornas.
Grazas á contribución do Estado para asegurar unha rede de gran capilaridade e alcance, uns prezos asequibles e uns servizos que non se poderían ofrecer en condicións de mercado é posible evitar a exclusión social e económica deste tipo de poboacións.
Asegurei que o Partido Popular está comprometido coa defensa dos servizos públicos e por suposto co postal universal que é un instrumento que contribúe á realización efectiva dun mercado nacional no que todos os cidadáns poden recibir os servizos e produtos que ofertan as empresas que actúan nel. Ao mesmo tempo vertébrase o propio Estado ao asegurar as relacións entre os cidadáns e as Administracións públicas, con todas as garantías, a través dos servizos postales.
Interveu
na clausura da Conferencia Internacional o presidente do Goberno galego,
Alberto Núñez Feijóo, que avogou hoxe por asumir entre todos a obriga de manter
a eficiencia na xestión dos servizos públicos e así facer fronte aos novos
desafíos e aos novos retos. “Non debemos pensar que o público non pode ser
eficiente, pero tampouco debemos resgardarnos baixo o paraugas do público para
tolerar ineficiencias no seu funcionamento”, aseverou, ao que engadiu, que “é o
interese polo funcionamento dos servizos públicos o primeiro garante de que
estes sexan eficientes e tamén da súa viabilidade”.
Feijóo apelou á necesidade de que exista unha
cooperación activa entre a Administración, os traballadores e a cidadanía para
construír o futuro do sector público.
Nesta liña, destacou a importancia do servizo
público postal “que vertebra o noso país absolutamente, non só a cidade senón
tamén o rural. Se non existise a compañía de todos, non teriamos un servizo
postal universal garantido”, afirmou.
Así mesmo, o presidente da Xunta subliñou que o servizo
público postal español está articulado para dar resposta á demanda dos
cidadáns, onde queira que vivan, chegando a onde queira que estean, pero que
tamén está suxeito a novos desafíos.
Por último, o titular da Xunta sinalou que o operador público Correos soubo ir adaptándose aos novos tempos sen despegarse da súa proximidade ao cidadán, tecendo unha rede que foi un elemento máis de cohesión territorial.
Por último, o titular da Xunta sinalou que o operador público Correos soubo ir adaptándose aos novos tempos sen despegarse da súa proximidade ao cidadán, tecendo unha rede que foi un elemento máis de cohesión territorial.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.