Asisto hoxe, xoves, ao acto de
proclamación da Súa Maxestade O Rei don Felipe VI,
ante as Cortes Xerais, na sesión solemne do Hemiciclo do
Congreso dos Deputados, á que asistiron as principais autoridades do Estado.
SS.MM. os
Reis don Felipe de Borbón e dona Letizia foron
recibidos ás 10,30 horas na Carreira de San Jerónimo polo
presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Un
batallón de honras composto pola escuadra de gastadores e catro compañías dos
tres exércitos e da Garda Civil renderon honras, coa interpretación do himno
nacional, e S.M. o Rei don Felipe pasou
revista ás tropas.
A continuación accederon ao Hemiciclo. Nel, situáronse no estrado xunto a Súas
Altezas Reais a Princesa de Asturias e a Infanta dona Sofía, os
presidentes do Goberno, o Congreso e o Senado; os presidentes do Constitucional e do
Supremo; as Mesas do Congreso e do Senado e membros da Casa de S.M. o
Rei.
No Salón de Sesións tomamos asento os deputados e senadores, ante os que tivo
lugar o acto de proclamación, que comezou cunhas palabras do presidente do
Congreso e o xuramento da Constitución por parte de S.M. o
Rei.
Tras a proclamación de S.M. o Rei co nome de Felipe VI, o
Rexemento de Infantaría Inmemorial do Rei nº1, do que é membro
Súa Maxestade O Rei,
interpretou o himno nacional.
S.M. o Rei
don Felipe VI,
que levaba o uniforme de Grande Etiqueta do Exército de Terra, pronunciou entón
un discurso ante as Cortes Xerais.
Ao final o acto, SS.MM. os Reis volveron ao
Salón de Pasos Perdidos para saudar os voceiros do Congreso e o Senado, así
como aos presidentes das comunidades autónomas e os ex presidentes do Goberno.
SS.MM. os
Reis saíron despois ao podio de honra situada ao pé da escalinata da Porta dos
Leóns para presidir, xunto a Su Alteza Real la Princesa de
Asturias, dona Leonor, e Su
Alteza Real la Infanta dona Sofía, o desfile das compañías de
honras dos tres Exércitos.
Unha vez rematado o desfile militar, SS.MM. os
Reis iniciaron o percorrido en automóbil ata o Pazo de Oriente.
Discurso do Presidente do Congreso:
Discurso do Rei:
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SalaPrensa/NotPre?_piref73_7706063_73_1337373_1337373.next_page=/wc/detalleNotaSalaPrensa&idNotaSalaPrensa=13287&anyo=2014&mes=6&pagina=1&mostrarvolver=S&movil=null
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.