Hoxe o Consello de Ministros analizou un informe sobre a reforma tributaria,
que se publicará o vindeiro luns na páxina web do Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas, e que se remitirá ás comunidades autónomas e aos
distintos interlocutores sociais co fin de aprobala definitivamente e que entre
en vigor en xaneiro de 2015.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, destacou que se trata
dunha reforma estructural que contempla con carácter xeral unha baixada de
impostos para todos: traballadores, empresas e familias. "As reformas
adoptadas nestes dous anos e medio permitíronnos afrontar a senda da
recuperación. Toca consolidala".
No mesmo sentido, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, sinalou que "chegou o momento de baixar impostos para todos e o momento no que os españois van recibir a compensación polo esforzo que fixeron".
Ambos subliñaron que a reforma non só pretende compensar os sacrificios dos cidadáns, senón fortalecer o crecemento económico, dinamizar o aforro e o investimento cun sistema tributario moderno, o que redundará na creación de emprego. "Baixamos a fiscalidade sobre o emprego de xeito enfático, rebaixaremos o que chamamos a brecha fiscal, que é demasiado alta en España", dixo Montoro.
O titular de Facenda apuntou que a reforma aposta polos emprendedores e pola capacidade de competir da economía española fronte ao resto do mundo: "Apostamos por ter a través do maior aforro máis facilidade para que en España haxa máis empresas, de maior tamaño, máis eficientes e competitivas".
Tanto Sáenz de Santamaría como Montoro resaltaron que o principio básico que marca esta reforma é construír un sistema tributario máis equitativo, con especial atención ás familias e ás persoas con discapacidad.
Rebaixa media do 12,5% no IRPF
Todos os contribuintes terán unha rebaixa media do Imposto da Renda sobre as Persoas Físicas (IRPF) do 12,5 %. Para o o 72 % dos declarantes, con rendas inferiores a 24.000 euros, a rebaixa media será do 23,5 %.
A vicepresidenta adiantou que "en 2015 vinte millóns de contribuyentes contarán con máis renda dispoñible ao mes porque esta rebaixa verase xa desde a primeira retención do mes de xaneiro de 2015".
O titular de Facenda e Administracións Públicas engadiu que "para os declarantes con rendas inferiores aos 18.000 euros anuais a redución total sobre a situación actual alcanzaría o 31 %".
Montoro confirmou que os tramos do IRPF reduciranse dos 7 actuais a 5 o ano próximo. O tramo inferior desa tarifa sería do 20 % o ano que vén e baixaría ao 19 % en 2016. O tramo superior estaría no 47 % en 2015 e descendería ao 45 % en 2016. Ademais, apuntou que os cidadáns que teñan uns rendementos íntegros de traballo inferiores a 12.000 euros non pagarán IRPF.
Fiscalidade do aforro
Respecto de os rendementos do aforro, Cristóbal Montoro sinalou que os tipos serán máis reducidos pero mantense a progresividade da tarifa. O proxecto do Goberno, anticipou, que o tratamento do aforro a longo prazo, que hoxe se reduce aos plans de pensións, amplíese a outras figuras, como os depósitos bancarios. Neste sentido, puxo como exemplo que os rendementos dos depósitos que se manteñan máis de cinco anos non tributarían durante ese tempo.
A vicepresidenta anunciou que o Goberno non subirá o IVE, salvo nos produtos sanitarios porque así o esixen as sentenzas europeas.
O ministro explicou que o Executivo non vai subir o IVE porque xa o subiu en "un momento hipercrítico de España", en xullo de 2012, e esa subida foi suficientemente ampla e estanos permitindo, no novo escenario económico, recaudar máis: "Os datos de recadación do IVA son francamente positivos e polo tanto non imos a promover novas subidas do IVA por entendelas absolutamente innecesarias e ata inconvintes neste momento".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.