Un bo número de deputados da
Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados visitamos hoxe o Centro de
Experimentación e Obras Públicas (CEDEX).
Trátase dun organismo autónomo que está adscrito orgánicamente ao Ministerio de Fomento e funcionalmente aos
Ministerios de Fomento e de Agricultura, Alimentación e Medio.
O Organismo proporciona apoio multidisciplinar nas tecnoloxías da enxeñaría
civil, a edificación e o medio, e asiste tanto as administracións e
institucións públicas coma empresas privadas
Componse dunha serie de
unidades técnicas especializadas denominadas Centros e Laboratorios, que
proporcionan asistencia técnica de alto nivel, investigación aplicada e
desenvolvemento tecnolóxico no marco da enxeñaría civil: portos e costas,
hidráulica de augas continentais, estradas, estruturas e materiais, geotecnia,
técnicas aplicadas á enxeñaría civil e o medio, e estudos históricos das obras
públicas.
Os Centros e Laboratorios dedican aproximadamente o 70% dos seus
recursos a asistencia técnica de alto nivel e o 30% restante a investigación
aplicada e desenvolvemento, actividades de transferencia tecnolóxica e outras
actuacións de información técnica e científica.
A visita de hoxe foi ao
Laboratorio Central de Estruturas e Materiais do CEDEX.
Os seus responsables explicáronnos o ensaio que nestes momentos se realiza en
relación co proxecto ferroviario da Meca-Medina.
Tamén visitamos o simulador dinámico e sísmico que consiste nunha plataforma de aceiro de 3 x 3 x 1 soportada por oito gatos hidráulicos de alta resposta en frecuencia, de forma que a posición destes determinan o movemento do simulador en calquera combinación dos seis graos de liberdade no espazo.

Permite
transmitir o obxecto que se ensaia calquera tipo de vibración en calquera
dirección do espazo.
Reprodúcense terremotos, vibracións ferroviarias, impactos ou choques. Ensáianse elementos estruturais, material móbil ferroviario ou sistemas sensibles a vibracións.
Reprodúcense terremotos, vibracións ferroviarias, impactos ou choques. Ensáianse elementos estruturais, material móbil ferroviario ou sistemas sensibles a vibracións.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.