jueves, 3 de julio de 2014

A voltas coa reforma electoral no faladoiro de Radio Voz

Esta mañá participei no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal, na que abordamos una cuestión principal.

En primeiro lugar comentamos as recentes palabras de Rajoy , cando sobre a elección directa dos alcaldes afirmaba: "que o alcalde debería ser a persoa á que vota o pobo. Non pode haber unha coalición de cinco partidos, que perden as eleccións os cinco, para poñerse de acordo para botar a aquel que ten máis apoio da xente". "O que habería que ver é se ese alcalde, ao chegar a determinada porcentaxe, ten xa unha maioría ou se, pola contra, hai que facer unha segunda volta.

Manifestei a miña opinión totalmente coincidente con Rajoy pois está a suscitar unha cuestión importante e que está nas preocupacións dos cidadáns, pois afecta a gobernabilidade de moitos concellos, e polo tanto á prestacións de servizos e ao desenvolvemento económico e social do lugar onde viven.

Unha proposta de reforma electoral, aberta ao debate e a reflexión pública, non pensada para gañar eleccións, senón para garantir que a vontade dos cidadáns se reflicte nos gobernos locais. Unha reforma neutra pois establecería unhas reglas de xogo válidas para todos.

Afirmei que non pode ser que a un partido que tendo unha alto apoio electoral e lle falten poucos votos para a maioría absoluta sexa desbancado por coalicións interesadas de catro e cinco partidos. Iso é deturpar a vontade dos veciños, que se quixesen esa coalición, teríano demandado con carácter previo.

Lembrei como a día de hoxe, en cidades  como, Ourense o en Lugo hai gobernos que non representan á maioría dos seus cidadáns, e que lastran o seu funcionamento normal. En ambas urbes 
o BNG desentendeuse do goberno local


Afirmei que hai formulas que merecn ser estudiadas. O sistema de representación maioritaria existe en países como Francia, Reino Unido ou Italia, países de profunda tradición democrática. Tamén estan os sistemas de segunda volta.

Sen dúbida un interesante debate que seguirá nos vindeiros meses.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta