A punto de cumprirse un ano do accidente de Angrois, este foi o tema monográfico elixido por Antia Díaz ao considerar que con 80 falecidos e 148 feridos, aquel 24 de xullo quedou marcado na sociedade galega. E que máis alá do recordo e do recoñecemento, quedan moitas preguntas por responder.
¿ Que aprendemos do accidente do Alvia?
¿ Que aprendemos do accidente do Alvia?
A estas e outras preguntas fun convocado coas deputadas Laura Seara e Rosana Pérez, tamén dous representantes de asociacións de vítimas, un avogado e un experto ferroviario Xose Carlos Fernández.
E nas miñas intervencións tratei de explicar cal foi o traballo da Subcomisión de Estudo e Análise do Sistema Ferroviario Español que coordino no Congreso dos Deputados e repasar cronoloxicamente as actuacións realizadas dende o poder Lexislativo e o Executivo dende a data do accidente en prol de mellorar a Seguridade do noso sistema ferroviario.
Estes son os links de acceso aos vídeos do Programa:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta