viernes, 4 de julio de 2014

Aprobadas medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia

Do Consello de Ministros celebrado esta mañá, cabe destacar a aprobación dun Real Decreto Lei con medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
Nel recóllense medidas correspondentes aos Ministerios de Xustiza, Defensa, Facenda e Administracións Públicas, Fomento, Educación, Cultura e Deporte, Emprego e Seguridade Social, Industria, Enerxía e Turismo, e Economía e Competitividade, e consta de tres eixes fundamentais, ademais de avanzar algunhas medidas da reforma fiscal:

Fomentar a competitividade e o funcionamento eficiente dos mercados: 
Nel encádranse as medidas no ámbito da liberalización comercial, así como as destinadas aumentar eficiencia e competitividade das infraestruturas portuarias e aeroportuarias. Tamén se enmarcan as reformas no ámbito dos sectores enerxéticos, no que se reforma o mercado do gas natural, para garantir a sostibilidade económica e financeira do sistema gasista e configurar un novo marco retributivo. Igualmente, adóptanse medidas en diversas sectores para adaptar a súa regulación á Lei de Garantía de Unidade de Mercado, en concreto, nos sectores comercial e cinematográfico, e no das empresas de traballo temporal.

Mellorar o acceso ao financiamento:
Por un lado, progrésase na liberalización de necesidades financeiras do sector público, a través de medidas como a reforma das condicións financeiras do Fondo para o Financiamento dos Pagamentos a Provedores que permitirá mellorar a liquidez e a situación financeira das Entidades Locais; por outro lado, dispóñense medidas para impulsar o financiamento das empresas, como a posta en marcha dun novo programa de garantías do Instituto de Crédito Oficial, para mellorar o acceso ao financiamento de pemes españolas e a súa internacionalización.

Fomentar a empregabilidade e a ocupación:
 Dirixido a mellorar a empregabilidade e a ocupación, en especial dos mozos, nel enmárcanse a posta en marcha do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e as modificacións para sentar as bases legais para a implementación da Estratexia de Activación para o Emprego.

Ademais, o Real Decreto Lei adianta algunhas medidas da reforma fiscal:
 En concreto, avánzase unha primeira rebaixa fiscal aos autónomos; establécense exencións a ganancias patrimoniais consecuencia da dación en pagamento ou da execución hipotecaria que afecte á vivenda habitual, e garántese unha tributación harmonizada dos depósitos en entidades de crédito en todo o territorio nacional.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta