Hoxe o Pleno do Congreso dos Deputados aprobou, con
180 votos a favor, 147 en contra e 5 abstencions o acordo polo que se fixan os
obxectivos de estabilidade presupuestaria e de Débeda Pública para o conxunto
de Administracións Públicas e de cada un dos seus subsectores para o período
2014-2016 e o límite de gasto non financeiro do orzamento do Estado para 2014.
Este acordo, foi defendido ante o Pleno polo ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro.
Para o periodo comprendido entre 2014 e 2017 fixa o obxectivo de déficit, situouse no 5,5 por 100 do PIB para 2014, o 4,2 por 100 en 2015, o 2,8 por 100 para 2016, e o 1,1 por 100 para 2017.
No desglose por Administracións Públicas, o déficit da Administración Central reducirase progresivamente ata alcanzar o 1,1 por 100 do PIB en 2017. Tanto as Comunidades Autónomas como as Entidades Locais terán equilibrio presupostario en 2017. Finalmente, a Seguridade Social irá reducindo o seu déficit ata alcanzar o equilibrio presupuestario en 2017.
Xunto a este obxectivo de estabilidade presupuestaria, o Goberno tamén remitiu ao Parlamento o límite de gasto non financeiro do Estado para 2015, que ascende a 129.060 millóns de euros e que supón unha disminución do 3,2 por 100 respecto do Orzamento de 2014. Este límite é consistente co gasto en términos de Contabilidade Nacional que resulta do obxectivo de déficit establecido para o Estado e dos ingresos non financeiros previstos.
O obxectivo fixado en 2015 para o Estado é un déficit do 2,9 por 100 do PIB, equivalente a 30.959 millóns de euros. A previsión de ingresos non financeiros do Estado para 2015 ascende a 133.712 millóns de euros.
Polo Grupo Popular no Congreso, interveu o noso portavoz Antonio Galego, que afirmou que “este teito de gasto é unha continuidade das políticas que, precisamente están acabando coa recesión en España, cumpre cos compromisos subscritos con Bruxelas e vai permitir seguir reducindo o déficit público para garantir nosa Estado de benestar”.
“Así, aclarou Galego, sen saneamento nas contas públicas non sé como se pode
pagar o Estado de benestar", en referencia ao devandito pola oposición. "As
contas deben estar saneadas”, apostilou.
Ademais, sinalou que “a redución de déficit é perfectamente compatible co crecemento económico e encaixa perfectamente neste teito de gasto a importantísima rebaixa fiscal que propuxo o Goberno”.
Durante a súa intervención no Pleno do Congreso, o portavoz do PP asegurou que “a creación de emprego, o crecemento económico, o saneamento das contas públicas e o reforzo no noso Estado de benestar, seguen sendo os obxectivos do Grupo Popular”. E “o teito de gasto e os obxectivos de estabilidade presentado polo Goberno están orientados a estas metas”, engadiu.