Asisto onte no Mosteiro de Oseira (San
Cristovo de Cea) o asinamento entre a Deputación de Ourense e ABANCA dun acordo
–O Plan Activamos / Transforma Ourense- por medio do cal o Banco destinará 30
millóns de euros para o financiamento de iniciativas. Un acordo que xurde da
iniciativa conxunta de ámbalas dúas institucións de colaborar en favor da
competitividade e o desenvolvemento da provincia de Ourense.
Francisco Botas, conselleiro delegado
de ABANCA, lembróu que é a primeira entidade en Ourense, onde xestiona 4 de
cada 10 euros do negocio bancario da provincia e posúe máis do 40 % das
oficinas. O banco da cobertura a máis do 78 % dos municipios ourensáns, entre
eles, 56 concellos con menos de 3.000 habitantes e 22 que teñen menos de 1.500
veciños.
Informóu que no ámbito da actividade
empresaria ABANCA financiará a posta en marcha de novos negocios, as novas
contratacións nos xa existentes, os novos investimentos empresariais e a
realización de actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das
empresas da provincia de Ourense.
Polo que respecta ás familias, a través
do Plan Activamos / Transforma Ourense ABANCA proporcionará recursos para a
realización do programas de formación universitaria de grao e postgrao, a
adquisición de equipamento tecnolóxico e conexión de banda ancha, a realización
de obras para a mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética en
vivendas, así como para a adquisición de vehículos eficientes. As corporacións
locais e organismos autónomos poderán solicitar crédito tanto para realizar
investimentos como para as súas necesidades de circulante.
Os produtos
de financiamento contarán con tipos de interese bonificados en relación á
oferta bancaria actual e sen bandas de flutuación. Ademais carecerán de
comisións de apertura, estudo, amortización ou cancelación anticipada, disporán
de amplos prazos de amortización, e contarán con carencias en aquelas
modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de
xerar ingresos.
Interveu
logo, Juan Carlos Escotet, vicepresidente de ABANCA e presidente de BANESCO recoñecendo ante o auditorio que as fusións
diluíron a entidade e deixaron nos ourensanos
unha sensación de baleiro, de ter perdido algo importante. Non obstante, pediu
a todos que deixen a un lado esa morriña pola vella Caixa Ourense porque Abanca cubrirá ese
oco, porque estará o máis pegada posible ao territorio, afirmou.
Sinalou que ABANCA é un banco con alma de caixa, e que van seguir estando máis preto aínda de toda a comunidade galega, de aí que pasasen de 3 a 7 sedes territoriais.
Sinalou que ABANCA é un banco con alma de caixa, e que van seguir estando máis preto aínda de toda a comunidade galega, de aí que pasasen de 3 a 7 sedes territoriais.
Pola súa
banda, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.saudou este acordo
"cunha entidade que aposta polo noso tecido empresarial, social, cultural
e mesmo institucional, con liñas específicas para as corporacións locais de
Ourense, co obxectivo de insuflar optimismo á economía e poñer a disposición de
emprendedores, familias e corporacións, o crédito necesario para facer
realidade os seus proxectos. E así, entre todos, seguir a construír
Ourense".
Destacou
que, no seu día, "a Deputación promoveu a posta en marcha da Caixa de
Aforros Provincial de Ourense, un instrumento clave no desenvolvemento
provincial, e o baleiro que sentimos nas últimas décadas coa desaparición de
entidades tan apegadas á terra, comeza agora a ser reparado nesta nova etapa
histórica de ABANCA, a quen Ourense e a Deputación seguirá a propoñer alianzas
que redunden en beneficio desta terra e das súas xentes", citando retos
como o Plan Termal ou o proxecto de "Provincia intelixente".
Baltar
subliñou: "Galicia segue mantendo unha entidade financeira propia, sendo
así unha das poucas comunidades que o poden dicir. E trátase dun valor de
ABANCA conservar o vínculo co territorio. Iso é o que fai hoxe coa sinatura
deste acordo unha entidade bancaria comprometida, solidaria e allea ás
aventuras inapropiadas".
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/07/22/venezolano-escotet-pide-dejar-lado-morrina-caixa-ourense/0003_201407O22C5995.htm
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta