Coñecemos hoxe que
no conxunto de España a afiliación á Seguridade Social no
mes de xuño tivo un incremento de 56.622 afiliados medios (0,34 %).
Trátase do mellor
dato nun mes de xuño dende 2007. Este ascenso sitúa o número de ocupados en
16.684.995 persoas.
En termos interanuais, o número medio de afiliados aumentou en 291.130 (1,78%), tras seis exercicios de descensos no devandito mes. Hai que retrotraerse a 2007 para encontrar un incremento superior de ocupados nun mes de xuño.
O bo comportamento da afiliación reflíctese tamén no dato desestacionalizado, que avanza por décimo mes consecutivo ao sumar 8.726 persoas. A análise dos últimos anos conclúe que é o mellor dato nun mes de xuño dende 2007 e o primeiro en positivo.
A Seguridade Social
gañou unha media de 6.366 afiliados o pasado mes de xuño en Galicia, o que supuxo un
incremento do 0,70 por cento con respecto ao mes anterior.
Así, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicados hoxe, o número de ocupados en Galicia afiliados situouse en 921.667, deles os 394.095 na provincia da Coruña, 314.518 na de Pontevedra, 115.086 en Lugo e 97.968 en Ourense.
Por provincias, a variación media mensual alcanzou o 0,66 por cento en Pontevedra, con 2.064 afiliados máis; o 0,71 por cento, na Coruña (2.791); o 0,72 por cento, en Lugo (828); e o 0,70 %, en Ourense (683).
A taxa interanual de afiliación media na Comunidade galega rexistrou o pasado mes o 0,51 por cento, o que supuxo unha variación de 4.651 afiliados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta