Celebro a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta de que as Medallas de
Ouro de Galicia sexan este ano unha homenaxe ás vítimas do accidente
ferroviario de Angrois e un recoñecemento ao labor da “Galicia solidaria” que
“asombrou ao mundo” tras o sinistro.
O
presidente Alberto Núñez Feijóo, apuntou que, un ano despois, a Comunidade “non
esquece nin unha cousa nin a outra”, polo que o Goberno autonómico decidiu que
as súas máximas distincións sexan “unha homenaxe de toda Galicia ás vítimas” e,
tamén, un recordo de toda Galicia “para todas as mulleres e todos os homes que
responderon cun comportamento exemplar ao que Galicia requiría”.
Na súa
comparecencia ante os medios, avanzou que o Consello acordou entregar as
Medallas de Ouro de Galicia o vindeiro 24 de xullo, é dicir, xustamente un ano
despois do descarrilamento do tren en Santiago, e de facelo como “homenaxe ao
sufrimento dos que viviron en primeira persoa esta traxedia, como recoñecemento
permanente aos que xa non están e como recordo á implicación e á humanidade de
moitísimos colectivos que traballaron esa noite”.
Feijóo
subliñou a motivación “excepcional” da que nacen as distincións de 2014 e
asegurou que esta distinción é a que o Goberno galego non querería dar nunca,
porque “a todos nos segue doendo o que pasou e, desde logo, desexariamos que
nunca tivese ocorrido”.
“O
accidente de Angrois é, serao sempre, unha das maiores traxedias da nosa
historia, pero a forma en que decidimos afrontalo permanecerá tamén como un
reconstituínte exemplo do que somos: tamén desde a peor situación imaxinable se
pode facer a mellor Galicia”, asegurou o presidente da Xunta.
O
titular do Executivo autonómico sinalou que a inmensa maioría dos cidadáns
seguen a solidarizarse co que aconteceu e coinciden en que a resposta foi
extraordinaria, polo que o Goberno galego decidiu conceder as Medallas de Ouro
de Galicia ás vítimas e aos que traballaron no accidente. Faino, engadiu,
sabendo que “nin o maior recoñecemento que se pode dar en Galicia está á altura
do sufrimento das vítimas nin da actitude exemplar que tiveron miles de persoas
naqueles días”, pero querendo que esta homenaxe sirva “como testemuña do eterno
agradecemento que temos por todas elas”.
Nese
sentido, comunicou que se concede a Medalla de Ouro de Galicia ás persoas que
sufriron directamente a catástrofe, é dicir as 79 persoas que perderon a vida
no tren e ás súas familias, así como aos centos de feridos que en moitos casos
aínda loitan por recuperar completamente a saúde. Feijóo indicou que as
consecuencias do ocorrido son “irreparables para todos eles”, pero manifestou o
seu desexo de que este recoñecemento sirva “para que sintan que un ano despois
Galicia sigue con eles, ao carón do seu sufrimento e da gran dignidade coa que
afrontaron esta traxedia”.
En
segundo lugar, o mandatario autonómico destacou a vontade de deixar constancia
coa concesión da Medalla de Galicia, do recoñecemento da sociedade aos veciños
de Angrois que, sen dubidalo, se lanzaron ás vías nos primeiros momentos, “sen
máis pensamento que socorrer aos feridos”.
Xunto con isto, Feijóo destacou
que Galicia sente “admiración por todas as persoas que, nas distintas frontes
necesarias para que funcionara o dispositivo, se entregaron con toda a súa
profesionalidade e con toda a súa humanidade”. Así, referiuse á concesión, en
terceiro lugar, da Medalla de Ouro de Galicia aos bombeiros e voluntarios de
Protección Civil que traballaron nas vías para auxiliar aos feridos e rescatar
ás vítimas mortais; ao persoal de Emerxencias do 061 que coordinou o
dispositivo coa máxima axilidade posible; aos profesionais do Colexio de
Psicólogos de Galicia e da Cruz Vermella que traballaron por aliviar no posible
a dor das familias das vítimas e dos feridos; e aos membros dos corpos que
velaron pola seguridade, é dicir, da Policía Local, da Policía Autonómica, da
Policía Nacional e da Garda Civil, así como ao Instituto de Medicina Legal de
Galicia polo seu labor de identificación de vítimas.
E, en cuarto lugar, subliñou que as Medallas de Galicia recoñecen o labor realizado polos profesionais da sanidade, é dicir, do persoal sanitario da área de Compostela que atendeu ás vítimas, así como o papel fundamental dos traballadores do Centro de Transfusión de Galicia e da Federación de Doantes.
E, en cuarto lugar, subliñou que as Medallas de Galicia recoñecen o labor realizado polos profesionais da sanidade, é dicir, do persoal sanitario da área de Compostela que atendeu ás vítimas, así como o papel fundamental dos traballadores do Centro de Transfusión de Galicia e da Federación de Doantes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta