martes, 29 de julio de 2014

Goberno e interlocutores sociais alcanzan un acordo para fortalecer o crecemento económico e a creación de emprego


Destacar pola súa importancia, a reunión mantida na mañá de hoxe entre o Presidente do Goberno Mariano Rajoy, a Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, os Secretarios Xerais de Comisións Obreiras, Ignacio Fernández Toxo, e da Unión Xeral de Traballadores, Cándido Méndez, e os Presidentes de CEOE, Juan Rosell e CEPYME, Jesús Terciado.



O Goberno e os Interlocutores Sociais consideran que "nos encontramos nun escenario que demanda actuacións vigorosas que contribúan a intensificar a recuperación e acelerar a creación de emprego estable e de calidade".

Constatan que o diálogo social debe xogar un papel relevante neste contexto e din que: "A concertación forma parte da nosa tradición social e permite aliñar o esforzo de todos na mesma dirección, o que contribuirá a un maior crecemento económico, a máis emprego e a unha repartición equilibrada de beneficios, esforzos e cargas que reforce a cohesión social. A mellora económica debe alcanzar a toda a sociedade, sen que ninguén quede fóra. O éxito do noso país na recente historia democrática estivo sempre vinculado á capacidade para recoñecer momentos nos que lograr acordos que beneficiasen ao conxunto dos cidadáns eran a clave para superar grandes problemas. Por iso, o pasado mes de marzo o Goberno e os Interlocutores Sociais volvemos poñer de manifesto o noso compromiso co diálogo social.

Neste novo escenario, as partes citadas comprométense a desenvolver un ambicioso calendario de negociacións ao obxecto de impulsar, dende un renovado protagonismo do diálogo social, medidas destinadas a consolidar a evolución positiva da economía e o emprego, a garantía do noso modelo social, así como medidas que reforcen e melloren o Estado do Benestar e a nosa competitividade no seo da Unión monetaria".

Polo tanto o Goberno e os Interlocutores Sociais adquiren o compromiso de abordar unha serie de propostas para a negociación tripartita para fortalecer o crecemento económico e o emprego para as cales se habilitarán os recursos financeiros necesarios.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta