miércoles, 2 de julio de 2014

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 313.979 persoas

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño  de 2014.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 1.195 persoas, un – 4,16 %.

O número de parados queda en 27.539, deles 13.095 son homes e 14.444 mulleres, 25.806 son maiores de 25 anos e 1.733 menores.

Por sectores, 1.257 son da agricultura, 3.902 da industria, 3.722 da construción, 16.285 nos servizos e 2.373 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de xuño de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.135 persoas, un – 7,19 %

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 11.134 persoas con respecto a maio, un – 4,23  %. O número de parados queda fixado en 252.310, deles 121.011 son homes e 131.299 mulleres, 237.522 son maiores de 25 anos e 14.788 menores.

Por sectores, 8.773 son da agricultura, 34.771 da industria, 35.039 da construción, 152.894 nos servicios e 20.833 do colectivo sen emprego anterior.

Baixa en todas as provincias (A Coruña é a que máis en termos absolutos e Lugo en relativos). O descenso vincúlase principalmente ao sector dos servizos (-6.884) e da construción (-1.740).

O descenso mensual rexistrado este mes (-11.134) é o maior descenso histórico do paro rexistrado nun mes de xuño en termos intermensuais e absolutos (isto é, desde o 1996)

 Se se toma como referencia a interanual, a diferenza entre xuño de 2013 e este mes de xuño, o paro baixa en Galicia en 21.124 persoas (-7,73%). Isto supón o maior descenso interanual en termos absolutos nun mes de xuño desde 1999.

Ademais, convértese na oitava baixada interanual consecutiva do paro rexistrado e a maior de todas elas, o que confirma a mellora progresiva no comportamento do desemprego. Deste xeito, xa hai en Galicia uns 17.000 parados menos dos que había no mesmo mes de 2012.

Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis baixa o paro rexistrado en termos intermensuais relativos (só superada por Illes Balers e Cantabria) e a cuarta en termos absolutos (superada por Cataluña, Madrid e Andalucía).


 
España:

O paro baixou en xuño en 122.684 persoas, un – 2,68 %. Queda situado en 4.449.701 persoas. Deles 2.117.045 son homes e 2.332.656 son mulleres. 4.064.692 son maiores de 25 anos e 385.009 menores.

Por sectores, 220.465 son da agricultura, 463.961 da industria, 574.631 da construción, 2.812.743 nos servizos e 377.901 do colectivo sen emprego anterior.

En termos desestacionalizados, o paro diminuíu en 16.113 persoas, fronte a un incremento en media de máis de 22.000 persoas nos últimos 5 anos. É tamén a maior caída do paro desestacionalizado nun mes de xuño dende o ano 2001.

O paro cae en termos corrixidos de estacionalidade por undécimo mes consecutivo. Dende 1999 non se rexistraba unha tendencia descendente tan prolongada.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 313.979 persoas. A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por primeira vez dende maio de 2007, continúa caendo un mes máis e alcanza o -6,59%. Acumula xa un descenso de máis de 19 puntos dende o seu máximo en maio de 2012, hai tan só dous anos, cando alcanzou un valor máximo de +12,5%.

Nos primeiros seis meses de 2014 o paro rexistrado experimentou a maior diminución acumulada nun semestre de toda a serie histórica, 251.637 persoas.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúe nos últimos 12 meses en 39.042 persoas, o que supón un descenso do 9,2%.

O paro rexistrado baixa nas 17 Comunidades Autónomas, encabezadas por Cataluña (-22.090), a Comunidade de Madrid (-15.435) e Andalucía (-14.712).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto a maio: en Servizos baixou en 83.605 (-2,89%); en Construción descendeu en 19.141 (-3,22%) e en Industria baixou en 15.510 (-3,23%); crece en Agricultura e Pesca en 4.658 (2,16%). Por último, o colectivo Sen Emprego o Anterior diminuíu en 9.086 persoas (2,35%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta