jueves, 24 de julio de 2014

Epa II Trimestre de 2014: " Aumento da ocupación en 402.400 persoas"

O Instituto Nacional de Estatística, INE difundiu esta mañá a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2014.

Estos son os principais datos do conxunto de España:



A ocupación aumentou en 402.400 persoas neste trimestre, ata un total de 16.353.000. 

Este incremento é o maior dende o segundo trimestre de 2005. A variación trimestral do emprego é do 2,37%. A Taxa de emprego sobe case un punto no último trimestre situándose no 45,4%.



O emprego creceu en 192.400 persoas nos últimos doce meses. A variación anual é do 1,12%, a primeira positiva en seis anos. A Taxa de emprego sobe 68 centésimas no último ano.



A ocupación sobe neste trimestre en 393.500 persoas no emprego privado e aumenta 8.900 no público. Nos últimos doce meses a ocupación crece en 208.000 persoas no sector privado e redúcese en 15.600 no público.

Galicia:

O paro tamén baixa en Galicia no segundo trimestre segundo a EPA. En  termos absolutos hai 12.600 desempregados menos que no trimestre anterior (un 4,2 por cento menos). A maior baixada nun trimestre de 2007.

Isto reflíctese tamén na taxa de paro, que baixa ata o 22,3%, case un punto menos (-0,9) que no trimestre anterior.

Ademais, tamén sube a ocupación. Hai 8.700 ocupados máis que no trimestre anterior (+0,9%), o que representa o maior incremento desde o terceiro trimestre de 2012.

En canto á poboación activa, esta experimenta unha baixada con respecto ao trimestre anterior de 4.000 persoas (-0,3%)

Galicia segue mantendo, ademais, o diferencial coa media do Estado. A taxa de paro en España no segundo trimestre foi do 24,47, fronte aos 22,3 de Galicia, máis de dous puntos de diferenza.

O número de parados sitúase nos 284.300 en termos absolutos (o paro rexistrado reflectía un dato de 270.585)

 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta