Falamos hoxe en Radio Voz, no programa que modera Antía Díaz Leal,
de probreza infantil. En concreto dos 725.000 euros que recibirá Galicia do
Fondo estatal para a prevención e loita contra a pobreza infantil á atención
integral das familias con menores a cargo e nunha situación de especial
vulnerabilidade.
Recordei que Galicia é a sexta comunidade autónoma coa
taxa AROPE máis baixa, o que determinou que a comunidade recibise do fondo esta
suma que non garda referencia coa súa poboación.
Concordei coa conselleira en que de cara a próximas
distribucións deste fondo, ademais da taxa AROPE, se teña tamén en conta a
poboación dos territorios á hora de repartir este financiamento.
Lembrei que a Xunta complementará as achegas deste fondo
cos seus recursos propios. Así para este ano, incrementáronse as axudas de
emerxencia social para as familias con mellores até os 4,5 M€, ampliouse o
convenio co Banco de Alimentos até os 50.000€, concedéronse 1,5 M€ a entidades
de iniciativa social ou se aumentou a Risga até os 42,35 M€.
Tamén falei do Plan Nacional de
Inclusión Social, aprobado polo Goberno de España en decembro de 2013 dotado
con 136.000 millóns de euros para catro anos. É o primeiro de cantos se puxeron
en marcha en España que responde unicamente ao compromiso político do Goberno e
destinará 93 millóns de euros ao día a axudar as familias en situación de maior
vulnerabilidade. Por primeira vez, incorpórase un obxectivo transversal de
loita contra a pobreza infantil, e haberá un Fondo Extraordinario de dezasete
millóns de euros integramente dedicado á atención ás necesidades básicas dos
menores.
O Plan conta con 240 medidas e articúlase en tres obxectivos estratéxicos (Emprego, Sistema de Prestacións e Servizos Básicos), ademais dun apartado específico de atención a todos os grupos que poden encontrarse en risco de exclusión.
Rematei dicindo que desde o Goberno do PP o que queremos é favorecer o
crecemento da economía e a creación de postos de traballo, que é o mellor modo
para loitar contra a exclusión.