Informa o pasado luns, Adif Alta Velocidade sobre a conclusión da perforación dos dous tubos do túnel do Espiño (vías esquerda e dereita), entre a galería de ataque intermedio e a boca Oeste. O tramo xa perforado ten unha lonxitude de 3.210 m no tubo esquerdo e 3.225 m no dereito.
En ambos os dous tubos, que teñen unha sección libre interior de 52 m2, adoptarase a solución de vía en placa para a plataforma ferroviaria. Ademais, considéranse os elementos necesarios para a drenaxe da estrutura e para as instalacións ferroviarias de seguridade.
Ambos os dous tubos estanse a escavar seguindo o denominado Novo Método Austríaco, con puntos de ataque dende as bocas Leste e Oeste e tamén dende a galería de ataque intermedio cara a ambos os dous emboquilles. As escavacións entre o punto intermedio e a boca Oeste xa se encontraron, concluíndo a perforación, mentres continúa a escavación entre o punto intermedio e a boca Leste.
Subtramo Túnel do Espiño (vía esquerda):
O subtramo Túnel do Espiño (vía esquerda), que ten 8,2 km de lonxitude, discorre polos termos municipais da Gudiña e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense. O subtramo comprende o túnel para vía única de alta velocidade e a explanación de ambas as dúas vías (esquerda e dereita) da boca Leste.
Da lonxitude total do túnel, 7.839 m escaváronse baixo terreo natural (escavación en mina) na vía esquerda, aos que se engadiron 30 e 40 m respectivamente en cada unha das bocas como túneles artificiais ou falso túnel. As estruturas en falso túnel deseñáronse co fin de mellorar a integración da infraestrutura nas abas.
Ademais, este subtramo presenta outra estrutura singular: o paso superior da liña de ferrocarril convencional Zamora-A Coruña sobre a plataforma (113 m de lonxitude), no concello da Gudiña, estrutura que xa se encontra executada.
Subtramo Túnel do Espiño (vía dereita):
O subtramo Túnel do Espiño (vía dereita) ten 8,1 km de lonxitude e discorre polos termos municipais da Gudiña e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
O túnel do Espiño na súa vía dereita conta cunha lonxitude de 7.923 m, incluídos os túneles artificiais de 30 e 40 m en cada unha das bocas, deseñados co fin de mellorar a integración da infraestrutura nas abas. O resto (7.853 m) escávanse en mina, é dicir, baixo terreo natural.
O subtramo inclúe o túnel para vía única de alta velocidade e a explanación de ambas as dúas vías (esquerda e dereita) na boca Oeste.
Sen dúbida unha excelente nova, este avance nun dos treitos máis complexos do acceso a Galicia en Alta Velocidade.
Sen dúbida unha excelente nova, este avance nun dos treitos máis complexos do acceso a Galicia en Alta Velocidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta