miércoles, 9 de julio de 2014

Informe sobre o Consello Europeo celebrado os días 26 e 27 de xuño en Bruxelas

Compareceu esta mañá no Pleno do Congreso, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy para informar sobre o Consello Europeo celebrado os días 26 e 27 de xuño en Bruxelas.

Subliñou a "transcendencia política" da decisión de propoñer a Jean-Claude Juncker como presidente da Comisión Europea, tanto pola importancia dos asuntos dos que se encargará como polo novo método de elección empregado.

Así recordou que Juncker foi o candidato da forza máis votada nos comicios europeos e que na reunión do Consello obtivo o respaldo de todos os Estados membros, salvo dous.

Rajoy defendeu a conveniencia de lanzar unha "mensaxe de seguridade e confianza a todos os nosos conciudadanos" cando o Parlamento Europeo vote a proposta do Consello. "Abogo para que o próximo 15 de xullo o apoio a Juncker non se traduza únicamente nun voto de investidura, senón que as forzas políticas que buscan o progreso de Europa sexan capaces de acordar tamén unha axenda de legislatura en liña co aprobado polo Consello Europeo", manifestou.

Referiuse tamén aos cinco eixes prioritarios da axenda aprobada polo Consello para o próximo lustro: impulsar o emprego, o crecemento económico e a competitividade; favorecer a formación dos cidadáns e manter uns sistemas de protección social xustos e eficientes; asegurar unha enerxía asequible, segura e sostible; avanzar nas cuestións relacionadas coa liberdade, a seguridade e a xustiza e, para rematar, fortalecer a acción exterior da UE.

Rajoy explicou a contribución de España ao texto final das conclusións aprobadas no Cume, especialmente en terreos como o desenvolvemento das interconexiones enerxéticas, a xestión eficiente das fronteiras exteriores da Unión ou o reforzamento da protección das vítimas do terrorismo ou da violencia de xénero.

Na quenda de réplica do debate, o xefe do Executivo comprometeuse a continuar coas políticas de consolidación fiscal e as reformas estructurales para corrixir os problemas de competitividade e os desequilibrios da economía española, o que "coincide sustancialmente coa política que sosteñen todos os gobernos europeos, sexan dunha ou outra ideoloxía".

Rajoy engadiu que "hoxe xa non temos tantos problemas nin tantas dificultades nin tantas necesidades de facer unha política dura en materia de déficit porque, por fortuna, as cousas xa funcionan mellor". No primeiro trimestre deste ano, apuntou, España foi o segundo país que máis creceu da zona euro, e o cambio de tendencia no emprego é "evidente".

Na súa quenda o portavoz do Grupo Popular no Congreso, Alfonso Alonso, proclamou que “España é un dos grandes impulsores da recuperación no continente europeo” debido, entre outras cuestións, “ao esforzo exemplar e ao traballo duro destes dous últimos anos e medio” que, ademais, “empezan a converter ao noso país nunha referencia para o resto de socios comunitarios”.

Recordou que finalizado xa o semestre europeo “o Consello constata que Europa está saíndo da crise económica”. Ben é certo, sinalou, que “aínda queda moito por facer” e que se está saíndo da crise “con debilidades, desigualdade e incertezas, e optimismo e co obxectivo da total recuperación económica, política e social”.

Alonso puxo en valor “o esforzo exemplar levado a cabo por España, corrixindo os graves desequilibrios estructurales que deixou o anterior goberno e sentando as bases dun crecemento que, como se recolle na análise do semestre europeo, é alentador”.

Para ilustrar este cambio da situación económica, Alonso botou man de datos relevantes que evidencian este cambio radical, a saber: “España logrou en dous anos reducir o déficit en 28.750 millóns, entre outras cousas ao sacar as facturas dos caixóns e pago aos proveedores, cousa que os socialistas non fixeron; alcanzouse o superávit na balanza de pagos; rebaixouse o endebedamento privado e moderado o crecemento dos prezos e crécese xa por encima da media da Eurozona -acumulando catro trimestres de crecemento do PIB e 11 meses consecutivos de redución do desemprego”


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta