Onte tivo lugar a clausura do
Campus FAES
coa presenza de Mariano Rajoy acompañado polo presidente desta Fundación José María
Aznar.
Da súa intervención resaltar as seguintes mensaxes:
"Demostramos que o futuro de España non estaba escrito e que non o ía escribir ninguén que non fosen os propios españois"
"España é unha democracia de primeira orde no mundo, é un país respectado, é unha potencia económica con éxitos nos cinco continentes"
Somos unha gran nación porque iso é o que fomos sempre, o que somos e o que estamos dispostos a seguir sendo no futuro"
"España ten todos os vimbios
para competir e para gañar, e non podemos permitirnos a tentación do fatalismo
ou da dúbida"
"É profundamente inxusta a afirmación que fan algúns de que aquí se liquidou o modelo de benestar. É unha enorme falsidade e non é aceptable"
"Ao final desta lexislatura haberá máis poboación ocupada, máis xente cotizando á Seguridade Social e menos paro que ao principio desta"
"Se somos o segundo país da Zona Euro que máis creceu é porque se cambiou a política económica, colleuse o touro polos cornos"
"Imos iniciar a segunda
xeración de reformas da economía para trasladar os efectos da recuperación ao
conxunto dos españois"
"Imos lanzar en setembro unha axenda para mellorar a calidade democrática no noso país"
"Non" hai "maior proximidade posible ao cidadán que que a persoa que teña máis votos sexa o alcalde"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta